Skip to Content

O photocall feminista do Leliadoura adorna a Feira da educación de Ribeira

Ribeira, 3 de abril de 2019. O noso photocall co lema "O feminismo non é un disfraz" dálle cor a Feira da educación que se inaugurou hoxe en Ribeira. O fermoso decorado foi elaborado polas alumnas de 1º de bacharelato de debuxo artístico para a celebración do entroido 2019. Este curso no Leliadoura, baixo o tema "Feminismo", quixemos renderlle homenaxe a movementos feministas como as sufraxistas, Gerrilla Girl ou We Can entre outros. É un debuxo orixinal da alumna Lucía Puebla e na elaboración do decorado participaron, ademais da propia Lucía, Olenka Cruz  Obregón, Marta Lijó Fernández, Paula Martínez Lampón.

O propio decorado foi escollido como photocall para a realización da foto oficial de inauguración da Feira de educación de Ribeira 2019 colgada na web da Consellería de Educación.

O photocall feminista do Leliadoura adorna a Feira da educación de Ribeira


image | by Dr. Radut