Skip to Content

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

O Dia Internacional das Mulleres creouse en1910, durante o Segundo Encontro Internacional das Mulleres Socialistas, onde foi presentado como un acto de solidariedade coas folgas téxtiles que se estaban a celebrar nese momento e pola promulgación do día nacional da muller en Estados Unidos. O feito puntual que se conmemora ocorreu o 25 de marzo de 1911, cando máis de 100 traballadoras téxtiles, mulleres inmigrantes na súa maioría, morreron no incendio da fábrica de Triangle Shirtwaist de Nova York, como consecuencia das precarias condicións laborais das que eran presas.

Esta traxedia conmemórase o 8 de marzo porque no marco dos movementos en prol da paz durante a Primeira Guerra Mundial, o 8 de marzo de 1917 as traballadoras téxtiles de Petrogrado (San Petersburgo) organizaron unha folga obreira que se sumou o movemento popular que acabou coa monarquía en Rusia. O Día da Muller foi institucionalizado pola ONU en 1975 para conmemorar a loita das mulleres traballadoras e celébrase oficialmente desde 1994 en Estados Unidos.

Os problemas da muller non só aparecen no ámbito laboral remunerado, senón que tamén existen no ámbito doméstico onde todas e todos nós temos unha parte de responsabilidade. Realiza a seguinte enquisa elaborada polo alumnado de Administrativo para saber o índice de implicación que tes neste contexto. Preme na ligazón, cúbrea e envíaa.

Enquisa: Coidados da casa onde vives.

TEST FEMINISTA: A CASA ONDE VIVO

 



image | by Dr. Radut