Skip to Content

Exposición de AMNISTÍA INTERNACIONAL: VALENTE

Durante estos días temos nas dependencias do noso centro a exposición de AMNISTIA INTERNACIONAL, VALENTE, na que se recollen as historias reais de moitas mulleres, de distintos lugares do planeta. Con ela pretenden visibilizar que "en todas as rexións do mundo, as defensoras dos dereitos humanos fan fronte a formas de violencia por motivos de xénero, ademais dos ataques que outros defensores poidan sufrir, como violencia sexual e ameazas, fustrigación e campañas de difamación vinculadas á súa condición de mulleres."

Denuncian que "con frecuencia, as defensoras dos dereitos humanos son atacadas non só polo seu activismo senón tamén por mor do seu xénero, e as súas actividades son deslexitimadas e menosprezadas reiteradamente."

Por último, afirman que "moitas actúan nunha contorna de ostensible hostilidade cara aos intereses que promoven. Aquelas que cuestionan os estereotipos de xénero e as que traballan sobre cuestións como a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos ou defenden en termos máis xerais os dereitos humanos das mulleres e as nenas, son a miúdo especialmente vulnerables a ataques e ameazas por motivos de xénero."

Exposición de AMNISTÍA INTERNACIONAL: VALENTE


image | by Dr. Radut