Skip to Content

Mergullámonos en "Alba de Groria" de Castelao. Unha experiencia

Ribeira, 13 de febreiro de 2019. Por xentileza de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, profesorado e alumnado de primeiro de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas, mergullámonos na exposición Alba de Groria, que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, pronunciado o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires, o derradeiro que daría o xenial escritor, político e debuxante rianxeiro. 

A mostra pretende plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora, a alocución de Castelao que encerra en si mesma dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras galegas máis relevantes, sen esquecer a "infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados". Según Castelao,  "esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza".

O comisario de Alba de Groria é o palmeirense, Manuel Gago, e está organizada polo Consello da Cultura Galega.

Fragmento do discurso Alba de Groria:

 "...Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre..."

Discurso Alba de Groria

Mergullámonos en "Alba de Groria" de Castelao. Unha experiencia


image | by Dr. Radut