Skip to Content

O PODER DOS VIDEOXOGOS

O PODER DOS VIDEOXOGOS

Ribeira, 25 de xaneiro de 2019. No día de hoxe no IES Leliadoura recibimos a visita de Miguel Areán, director do CETGAVI (Centro Tecnolóxico Galego de Videoxogos) e Nicolás Casal, programador, guionista e deseñador gráfico. Baixo a presentación “O poder dos videoxogos” introduciron ao alumnado asistente (FP Básica, Ciclo superior de ASIR e Ciclo superior de DAM) no universo dos videoxogos dende un punto de vista profesional, incidindo na necesidade da industria de múltiples perfís profesionais (programadores, deseñadores gráficos, guionistas, testadores…). Os relatores fixeron especial fincapé na necesidade de que os futuros profesionais obteñan habilidades sociais, xa que nos grupos multidisciplinares que conforman os equipos de traballo é preciso saber escoitar, entender e trasladar ás actividades de cada integrante as necesidades do resto, así como saberse expresar e expoñer as ideas, necesidades e tarefas propias.

 



image | by Dr. Radut