Skip to Content

Uso da tableta dixital en EF

A Revista Galega do Ensino (eduga) fíxose eco dun traballo de investigación realizado no noso centro. O traballo xira arredor do uso da tableta dixital en Educación Física e ten como finalidade comprobar en que medida esta pode contribuír ao enriquecemento da avaliación e incremento da retroalimentación no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Parte da investigación é continuación do proxecto iniciado dentro do grupo de traballo Pinche: lingua, cultura e motricidade, recoñecido pola Consellería de Educación no Plan de formación do profesorado no curso 2009/10. Os obxectivos para a elaboración desta publicación son ter un control sobre a avaliación, a mellora da súa xestión, o progreso da retroalimentación aos estudantes e o apoio da docencia con medios audiovisuais nas súas distintas formas.

Vantaxes das tabletas dixitais fronte aos ordenadores

  • Moitas delas posúen cando menos unha cámara integrada, o que permite a posibilidade de realizar filmacións en directo dentro da aula.
  • Algunhas delas dispoñen dun sistema de localización (similar ao GPS), o que pode axudar enormemente no deseño de certas tarefas, tanto de orientación coma daquelas nas que necesitemos calcular a distancia que se vai percorrer.
  • Existencia de infinidade de apps de uso directo na aula.
  • Unha base de datos específica que o departamento tiña deseñado anteriormente en contorno FileMaker e que, como dixemos, se axusta perfectamente ás súas necesidades actuais.

Máis información:

Uso da tableta dixital en EF

 

Uso da tableta dixital en EF


image | by Dr. Radut