Skip to Content

FORMÁNDONOS NAS NOVAS MASCULINIDADES

O día 16 de xaneiro ás 5 da tarde dende o grupo de Igualdade do IES Leliadoura convidamos a Jorge García Marín, sociólogo, profesor sociólogo do departamento de Socioloxía e Ciencia Política na USC a impartir unha sesión formativa sobre novas masculinidades. Actualmente é secretario do centro interdisciplinar de estudos e investigacións feministas da USC.

En primeiro lugar, centrouse nas nocións básicas sobre a identidade persoal e social partindo entre a diferenciación entre sexo e xénero. As diferenzas entre o home e a muller veñen determinadas socialmente: a agresividade masculina, o mito do amor romántico, os roles... E como todos estes elementos poden ser modificables.

Desta maneira, nunha segunda parte, tratamos o termo de masculinidade. Fixo unha diferenciación entre a hexemónica (modelo tradicional) e a diverxente onde incluímos as novas masculinidades que consisten na (de)construción dun novo concepto de home. Para conseguir este obxectivo todos e todas teremos que facer fronte á desubicación na que se encontran moitos homes que cren nesta nova realidade pero que ven como se seguen repetindo comportamentos machistas. Do mesmo xeito, valorizar a ética do coidado que fai referencia á responsabilidade coas emocións, os coidados, a negociación e a empatía.

Finalmente fíxonos unha serie de recomendacións como a lectura de Nuevas Masculinidades y Feminismo de Jokin Azpiazu, Costos de la masculinidad hegemónica de Michael Kaufman e a visita das webs das asociacións igualitarias:

- Asociación de hombres por la Igualdad de Género

- Hombrecitos de madera (Jerez)

- Piper Txuriak (Bilbao)

- Prometeo (León)  

Máis información:

 

 

FORMÁNDONOS NAS NOVAS MASCULINIDADES
AnexoTamaño
Curso_JCVG.pdf2.37 MB
micromachismos_0.pdf218.49 KB


image | by Dr. Radut