Skip to Content

Charla con Héctor Cajaraville na Biblioteca do Leliadoura

Este pasado martes visitounos o escritor santiagués Héctor Cajaraville. Como el ben nos explicou, empezou a escribir tarde, pero con moi bos resultados xa que gañou varios premios de Literatura. Entre eles, o recibido polo libro de lectura recomendado en 3º da ESO A caixiña dos rancores, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015, ou Denébola a roxa, outra obra gañadora dun premio, o Meiga Moira 2016,

Estivemos con el unha hora charlando sobre o seu labor e sobre a literatura galega. O noso alumnado estivo interesado en saber de onde obtiña inspiración ou se ser escritor é un labor moi complicado.

Agora vén de escribir unha obra sobre o autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas, Antón Fraguas, que sairá en breve.

Gustounos moito contar de novo con el e agardamos ler máis publicacións súas.

Charla con Héctor Cajaraville na Biblioteca do Leliadoura


image | by Dr. Radut