Skip to Content

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "FEATHERS ON A WOMAN" DE GUNS & MEIGAS

Co gallo do 25 de novembro, no IES Leliadoura inauguramos a exposición fotográfica titulada Feathers on a woman, das artistas que forman parte dunha asociación feminista da Pobra, Gusn & Meigas.

Estas mulleres, que son as que fotografaron e foron fotografadas, son alumnas do IES da Pobra do Caramiñal. Aseguran que existen tantas formas de percibir a realidade e de percibirmonos a nós mesmas como poidas imaxinar. Toda esta complexidade debería sustentarse sobre a base do respecto, a igualdade a a liberdade, dereitos dos que sempre fomos privadas as mulleres. Este é o obxectivo desta exposición: mostrar a anatomía feminina sen atender a prexuízos ou convencións sociais acerca de como deben ser as nosas características físicas e estéticas, xa que estas veñan dadas por pura natureza. O feito de establecer as túas propias normas xera unha avalancha de críticas e incompresións que che fan sentir fráxil e vulnerable. Isto produce sentimentos de carraxe e impotencia que nos achegan aínda máis motivos, se cabe, para levantar a cabeza e avanzar no camiño de ser para nós mesmas e non para a sociedade.

Observando a parte máis real e escura da sociedade na que vivimos, quixeron crear unha visión persoal de como lle gustaría que fose o mundo. "Virginia Wolf achegounos a esencia, poder e especialmente forza para romper coas regras e loitar polas nosas liberdades. Non cabe dúbida de que, sendo a liberdade e a plenitude de expresión parte da esencia da arte, esa falta de tradición, esa escaseza e propiedade dos intrumentos deben pesar enormemente sobre as obras femininas. Non cabe dúbida de que algún día, cando a muller poida gozar do libre uso dos seus membros, daráselle a configuración que desexe e atopará igualmente un vehículo, non forzosamente en verso, para expresar a poesía que leva dentro."

Esta exposición é o comezo das actividades que imos realizar durante este mes, co gallo do Día Internaciónal contra a Violencia Machista no noso instituto, partindo dun grupo de traballo de IGUALDADE. Neste grupo pretendemos formarnos @s profes, sobre todos os feminismos que tratan de cambiar a cousificación, explotación, violencia estrutural, amor romántico, violencia ambiental, violencia física e violencia psicolóxica que tanto dano lles fai ás mulleres.

Na inauguración da exposición interviron alumnas de Administrativo e da ESO, explicaron estatísticas relativas á violencia exercida sobre a muller, e leron a poesía "Consejos para la mujer fuerte" de Gioconda Belli.

Foto: Chechu Río

 

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "FEATHERS ON A WOMAN" DE GUNS & MEIGAS


image | by Dr. Radut