Skip to Content

COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL

O día 31 de outubro, de 10:00 horas a 14:30 horas, no IES Leliadoura tivo lugar unha Xornada de COPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL, impartida por Álex Pereira, consultor e formador, da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o avance da economía social.

Nesta actividade participaron o Ciclo Medio de Xestión Administrativae o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, tanto os primeiros como os segundos cursos de ámbolos dous ciclos, así coma os cursos de Bacharelato 2º.

Na xornada analizouse a forma social de cooperativa, coma unha asociación autónoma de persoas que se unen de forma voluntaria para satisfacer as súas necesidades e aspiracións económicas, sociais e culturais en común mediante unha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática. Tamén se analizou a súa administración, as clases e as axudas económicas cas que contan as persoas que a crean.

Esta forma social de empresa é a que mais fortalezas ten á hora de afrontar unha crises económica, coma a actual, no mantemento dos postos de traballo e na súa propia economía.

O alumnado realizou exercicios e traballos que foron expostos nas clases posteriores.

 

COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL


image | by Dr. Radut