Skip to Content

Hard-working Leliadouros - Etwinning Project and more :)

 

 

As postais dos nosos alumnos de 3º da ESO chegaron sen problema a Nivala en Finlandia e, hai uns días, chegaron as dos nosos amigos nórdicos . Nas fotos podedes ver a parte do alumnado de 3º que está a participar no proxecto de Etwinning e as postais que nos enviaron. 

 

 

  

                      

Porén, non todo vai ser escribir a man, polo que estamos a levar outras actividades a cabo usando as novas tecnoloxías. Por exemplo, sesións de repaso e ampliación de coñecemento con Kahoot, unha ferramenta que parece encantarlles. Ademais estamos a empregar Google Docs para realizar un cuestionario colaborativo entre as clases de 3ºA e 3ºB que empregaremos nunhas semanas para a nosa videoconferencia con Finlandia.   

 

                        

Os nosos Leliadouros son ben traballadores! E o profesorado non pode menos que presumir de alumnado. Gracias a todos os participantes nestas actividades. 

ORGULLO LELIADOURO 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                         

        



page | by Dr. Radut