O alumnado dos ciclos formativos de Administración e Informática acudiu á IV Xornada Xuventude e Emprego celebrada en Porto do Son a primeiros do mes de abril. Esta edición estivo dedicada ao emprendemento e as súas alternativas, destacando a importancia das habilidades comunicativas no ámbito persoal e profesional.