Skip to Content

Rubén Lijó tróuxonos o Pegasus

Rubén creou unha organización sen ánimo de lucro para a axuda en emerxencias. O proxecto en cuestión chámase Pegasus Rescue Team.

Adquiriu cos seus propios medios un vello camión para a extinción de incendios que xubilaba o Concello de Ribeira e máis outro Pegaso que trouxo de Madrid para formar o seu escuadrón de rescate particular. Tamén acabou utilizándoo para axuda humanitaria, acudindo co seu vehículo cargado con alimentos, material escolar, roupa, cousas para bebés e todo o que puidera recolleitar entre a súa xente para axudar aos refuxiados.

Contounos as súas experiencias no Mediterráneo no rescate de migrantes a deriva en embarcacións “de papel”.

Quedamos totalmente impactados pero agradecidos por que exista xente coma el.

Rubén Lijó tróuxonos o Pegasus


image | by Dr. Radut