Skip to Content

Visita Casa Museo Manuel María

O día 30 de marzo o alumnado de cuarto da ESO do Instituto Leliadoura fixo unha viaxe a Outeiro de Rei (Lugo) para visitar a casa onde naceu e vivíu a súa infancia o escritor da Terra Chá ao que este ano está adicado o día das Letras Galegas : Manuel Maria.

O noso alumnado participou para homenaxear a Manuel María recitando poemas do escritor que escolleran coa profesora Helena de lingua galega.

 

A duración de visita foi arredor dunha hora e media onde percorreron tódalas estancias da casa onde vimos a biblioteca,a coleción de obxetos como de navallas,reloxos,gafas que usaba e pinturas e libros que foi xuntando ó longo da súa vida. Numerosas fotos e mobiliario da época.

Finalmente aproveitando a viaxe achegámonos ata Lugo para velas murallas.

 

Visita Casa Museo Manuel María


image | by Dr. Radut