Skip to Content

FALAMOS DE SEXO

Foi esta mesma semana que, primeiro o alumnado de 4º ESO, e logo o de 1º BACH asistiu con entusiasmo á conferencia sobre afectividade e sexualidade que impartiu Daniela Gómez. Esta muller, licenciada en Psicoloxía e especialista en Sexoloxía, adicou boa parte da mañá a falar de responsabilidade na sexualidade, dos falsos mitos que xiran arredor desta e da irrealidade da pornografía.

As alumnas e alumnos participaron activamente achegando as súas dúbidas sobre o tema de xeito totalmente anónimo para que a relatora as contestase pouco a pouco. Así tiveron resposta  a cuestións importantes conectadas co uso de métodos antionceptivos, coas enfermidades de transmisión sexual ou coa toma de decisións relacionadas coa súa sexualidade.

Unha mañá moi interesante.

FALAMOS DE SEXO


image | by Dr. Radut