Skip to Content

Novas do centro

O día 1 de agosto publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.

 

Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2022.

Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2022, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.

 

Prazo de matriculación:

  • Educación secundaria para persoas adultas: entre o 1 e o 8 de setembro
  • Bacharelato semipresencial para persoas adultas: entre o 1 e o 20 de setembro

O 6 de xuño ás 20:00 h publicaranse en AbalarMovil as notas de:

  • Avaliación final ordinaria de 1º Bacharelato (diúrno e nocturno).

O 8 de xuño publicaranse en AbalarMovil as notas de:

  • 3ª Avaliación parcial da ESO.
  • Avaliación final de 1º FP. Básica.
  • 3ª avaliación 1º de Ciclos Medios.
  • Avaliación ordinaria ESA.

As notas de 1º de Bacharelato tamén se entregarán en papel.

O 27 de xuño publicaranse en AbalarMovil e entregaranse en papel as notas de:

  • Avaliación final da ESO.
  • Avaliación final extraordinaria de 1º Bacharelato (diúrno e nocturno).
  • Avaliación final extraordinaria de 2º Bacharelato (diúrno e nocturno).
  • Avaliación final ESA.
  • Avaliación final extraordinaria de 1º FP. Básica.
  • Avaliación final de 2º FP. Básica.
  • Avaliación final Ciclos Medios.
  • Avaliación final Ciclos Superiores.
Distribuir contido


by Dr. Radut