Skip to Content

Novas do centro

Prazo aberto: do 1 ao 22 de marzo

Para acceder á aplicación pincha na seguinte imaxe:


A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro elixido en primeiro lugar dentro das súas preferencias ou de forma electrónica a través da aplicación AdmisionAlumnado

Documentación a presentar coa solicitude:
-    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
-    Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-    Certificación oficial do expediente académico do centro de orixe.
-    En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dou proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuía exclusivamente a un deles.

Calendario proceso de admisión

Prazas vacantes Curso 2021/22

Impreso solicitude admisión (ED550B)

 

Foi admitido todo o alumnado que fixo reserva para 1º da ESO para o vindeiro curso 2021/2022, procedente do centro adscrito CEIP Plurilingüe A Pedra.

A listaxe de admitidos atópase na Secretaría do centro.

Por outra parte, do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para a ESO e Bacharelato, para o alumnado que desexe cambiar de centro.

Está aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, do 18 de febreiro a 3 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Pódese consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Orde do 21 de xaneiro de 2021

Tamén se pode consultar o calendario das probas de acceso na seguinte ligazón:

Calendario de probas de acceso

Máis información na Secretaría do Centro ou na seguinte ligazón:

Información xeral de probas de acceso. Convocatoria 2021

Comezamos a formación do noso equipo de mediadoras e mediadores. Ángel e Jennifer buscan acercarnos ó mundo da convivencia a través de técnicas e dinámicas relacionadas con habilidades tan esenciais como a escoita activa ou a asertividade. En canto remate a formación, agardamos que o noso alumnado estea totalmente capacitado para axudar na resolución pacífica dos posibles conflitos do día a día que poidan xurdir no centro.

“La médiation rétablit des relations”

“mediation brings about reconciliation”

 

 

 

Dende o 11 ata o 19 de xaneiro está aberto o prazo de matrícula do módulo IV da ESA, para o alumnado de nova incorporación.

As clases comezarán o luns 8 de febreiro.

Máis información na secretaría do centro ou en Educación de adultos.

Durante as vacacións de Nadal o centro atenderá calquera asunto urxente a través do mail ies.johan.carballeira@edu.xunta.gal os días 23 e  30 de decembro e  7 de xaneiro.

Os días 28 e 29 de decembro, 4 e 5 de xaneiro  o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 h.

Lembrámosvos que o día 8 de xaneiro non é lectivo para o noso centro.

Felices vacacións de Nadal

Esta avaliación, seguindo as recomendacións do Protocolo COVID, as notas non se entregarán en papel, publicaranse unicamente no espazoAbalar e na aplicación abalarMóvil.

As notas publicaranse escalonadamente o martes 22 segundo o seguinte horario:

1º e 2º de ESO, ás 10:00

3º e 4º de ESO, ás 11:00

1º e 2º de BACH, ás 12:00

Ciclos, medios e superiores, ás 12:00

FP Básica, ás 13:00

ESA e BACH Adultos, ás 17:00

A aplicación abalarMóvil, se non se ten instalada, pódese descargar dos seguintes enlaces:

 Guía abalarMóvil

 Ademais da aplicación abalarMóvil, pódense consultar as notas da avaliación a través da páxina web do espazoAbalar, identificándose como usuario Xunta ou a través da Chave365.

 

La belleza ilusoria

Francisco Gimeno, profesor jubilado del IES Johan Carballeira, publica su poemario Beula, prologado por Miriam Ferradáns

 

Publícase o listado definitivo do alumnado seleccionado para as mobilidades do curso 2020-2021. Parabéns!

Mais información no menú Novidades ERASMUS.

Publicación da listaxe de alumnado seleccionado para as mobilidades ERASMUS+ do curso 2020-2021.

Mais información no menú Novidades ERASMUS.

Distribuir contido


by Dr. Radut