Skip to Content

Día das Bibliotecas

jlmartinez

 

24 de OUTUBRO-DÍA DA BIBLIOTECA

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

Un mundo de palabras, Agustín Fernández Paz

 

Así celebramos o Día das Bibliotecas, recomendando as nosas lecturas preferidas.

Feliz día.

 



page | by Dr. Radut