Orientación

XORNADAS TDAH DO MORRAZO

Enviado por silvia o Xov, 09/01/2014 - 07:03
24/01/2014 16:00
25/01/2014 14:30
Etc/GMT+1

XORNADAS TDAH DO MORRAZO

 

VENRES 24 DE XANEIRO de 16h -21h

SÁBADO 25 DE XANEIRO de 09:30h - 14:30h

 

Lugar de realización: Auditorio de Cangas do Morrazo
Av de Lugo, 27A,
36940 Cangas de Morrazo

 

COLABORAN:

 

XUNTA DE GALICIA;

 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

 Consellería de Sanidade

 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 

CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO

 

Para inscribirse nestas xornadas pode facerse a través do seguinte enlace

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=58857

 

( categories: )

Charla sobre acoso escolar e novas tecnoloxías

Enviado por silvia o Lun, 16/12/2013 - 06:59
19/12/2013 11:55
19/12/2013 13:35
Etc/GMT+1

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE 

NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS

 

Este xoves 19 de decembro teremos no centro unha charla impartida por membros da garda civil sobre:


Acoso Escolar (consecuencias do acoso escolar nos que o padecen, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo),

 

e sobre Novas tecnoloxías (riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías a ao uso de redes sociais).  

Participará todo o alumnado da ESO. Primeiro (de 11:55-12:45) 1º e 2º ESO e despois (12:45 a 13:35) 3º e 4º ESO.

( categories: )

CHARLA AS FAMILIAS SOBRE TDAH (TRASTORNOS POR DEFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE)

Enviado por admin o Mar, 03/12/2013 - 07:04
03/12/2013 19:30
03/12/2013 21:30
Etc/GMT+1

Charla informativa a familias e interesados sobre o TDAH
(Trastorno por déficit de atención e hiperactividade)

Martes 3 de decembro ás 19:30h no Centro Social do Mar de Bueu.
 
Trataranse entre outros temas:
- ¿Qué é o TDAH? ¿Qué entendemos por trastorno?
- ¿ Cómo afecta na escola e na familia?
- ¿Que é e que non é o TDAH?. Mitos e falsas crenzas.
- ¿ Como se debe avaliar?
-  Tratamentos mais efectivos
-  Importancia da coordinación familia, escola e profesionais.
- ¿ Qué podemos facer como pais?
-  Pautas que nos poden facilita-lo día a día.
 
Ofrecida por Aina Oró Pons, Psicóloga e estudante de Psicopedagoxía pola UOC.

( categories: )

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO IES

Enviado por silvia o Mér, 05/06/2013 - 07:18
04/06/2013 10:00
04/06/2013 11:30
Etc/GMT+1

O luns, 3 de Xuño, tivemos unha xornada de portas abertas para ás familias do alumnado que ven o vindeiro curso para o noso centro.

O martes, 4 de Xuño, recibimos ao alumnado dos CEIPs adscritos; CEIP Montemogos e CEIP A Torre-Cela. Tamén nos visitaron alumnos/as do CEIP A Pedra que cursarán 1º ESO no noso centro.

 Esta é a vindeira promoción- Esperámosvos en setembro.

 

O alumnado de 2º ESO, dirixidos polo profesor de música, ofrecéronlles un pequeno concerto.

 

 

Visitaron unha aula de 1º ESO para que viran como se traballa co proxecto Abalar.

 

Visitaron o pabellón deportivo e algúns/as amosaron ás súas destrezas no rocódromo.

( categories: )

VISITA AO IES DE RODEIRA E IES A PARALAIA

Enviado por silvia o Mér, 17/04/2013 - 06:17
16/04/2013 00:30
16/04/2013 14:25
Etc/GMT+1

O martes 16 de abril fomos co alumnado de 4º de  ESO a visitar o IES de Rodeira (Cangas) e o IES A Paralaia (Moaña). Visitamos os talleres onde se levan a cabo os Ciclos de FP. En Rodeira vimos o CM de Equipos electrónicos de consumo e o CS de Sistemas de telecomucicación e informáticos. En Moaña visitamos as aulas onde se imparte o CM de Xestión administrativa e os talleres do CM de Equipos e instalacións electrotécnicas e o CM de Mecanizado.

( categories: )

VII CONCURSO DE VIÑETA "A IGUALDADE NO TRABALLO"

Enviado por silvia o Mar, 12/03/2013 - 06:21
08/03/2013 12:00
08/03/2013 12:45
Etc/GMT+1

Co gallo da Conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Bueu, convocou un ano máis, entre o alumnado dos CEIPs e IES da zona, un concurso de viñeta e ilustración baixo a temática "A igualdade no Traballo".

No noso centro recibiu unha mención especial polo seu traballo a alumna de 1º ESO Marta Vidal Patiño.

A entrega de premios tivo lugar o venres 8 de marzo ás 12:00 h da mañán no Concello.

 

 

 


( categories: )

III XORNADAS ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Enviado por silvia o Xov, 14/02/2013 - 06:28
20/02/2013 00:30
21/02/2013 13:15
Etc/GMT+1

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL organizada polos IES dos Concellos de Bueu, Cangas, Moaña e o CPI de Vilaboa.

Terán lugar os días 20 e 21 de Febreiro en horario de 9:30h a 13:15h no Auditorio de Cangas.

O día 19 será a presentación no Concello de Cangas das Xornadas.

( categories: )

OBRADOIROS PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Enviado por silvia o Mar, 08/01/2013 - 05:58
15/01/2013 00:40
19/02/2013 10:30
Etc/GMT+1

O martes 15 de Febreiro comezan os Obradoiros da Asociación Rexurdir sobre Prevención de Drogodependencias. Serán 5 sesións por grupo e terán lugar nas horas de titoría.

martes 15-22-29- Xaneiro e 5-19 Febreiro - 3ºA  ESO

xoves 17-24-31- Xaneiro e 7-14 Febreiro - 4º   ESO  e  1ºB ESO

venres 18-25 Xaneiro e 1-8-15 Febreiro -  2ºA ESO,  3ºB ESO,  2ºB ESO e  1ºA ESO

 

( categories: )

Charla Navega con Rumbo

Enviado por admin o Lun, 07/01/2013 - 16:05
14/01/2013 11:55
Etc/GMT+1

O día 14 teremos unha charla informativa impartida por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a  utilización responsable e segura de internet.

( categories: )

OBRADOIRO SOBRE HÁBITOS NOCIVOS PARA 3º ESO

Enviado por silvia o Mér, 05/12/2012 - 08:23
20/12/2012 09:40
20/12/2012 13:35
Etc/GMT+1

Bloques de traballo:

Conceptos de saúde.

Conceptos básicos sobre drogas: uso, abuso, dependencia...

Tipos de drogas. Especial referencia ao alcol e ao tabaco.

Factores que inflúen no consumo de drogas;sociais, económicos, individuais e culturais.

Alternativas para o tempo libre.

O porqué da decisión. Sentido crítico.

 

Impartido por técnicos da Cruz Vermella Xuventude de Pontevedra.

( categories: )
Distribuir contido