Unha viaxe pola música andina. SAKAPATÚ

Enviado por Anónimo o Ven, 08/04/2011 - 13:29
08/04/2011 13:37
Etc/GMT+1

 

O 29 de outubro de 2010 asistimos ao concerto de SAKAPATÚ, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Unha viaxe pola música andina.

 En Sudamérica hai moitas culturas diferentes (dende a Patagonia, no sur, ata o Caribe, no norte, hai moitísimas). Os Sakapatú tocan principalmente a música das súas  rexións de orixe: por un lado, a música das montañas (dos Andes) e, por outro, a música da costa (música afroperuana que,  ten moita influencia dos escravos negros que foron traídos de África). 

 

 

compoñentes do grupo

Fan arranxos das melodías respectando a tradición e, ao mesmo tempo, dándolles un toque de modernidade... 

 

Por certo,

¿sabedes que quere dicir

Sakapatú?

SAKAPATÚ en concerto.

Nunha das cancións de estilo afroperuano

que cantan, hai unha frase que di: “Saca para

tu lado”. Se intentades dicir esta frase moitas

veces, se a decides co  acento dos afroperuanos

 

e se, ademais, a decides xogando (a música

sempre ten un pouco de xogo) as palabras

acabarán converténdose en puro ritmo.

Cando os nosos  músicos quixeron escoller

 

un nome para o grupo, non había

nada mellor que unha frase con

 

moito ritmo: ¡Sakapatú!

 

 

( categories: )