CONCURSO DE CARETAS - ENTROIDO 2015

Enviado por olalla o Lun, 19/01/2015 - 15:58

       Un ano máis, o Departamento de Educación Plástica e Visual súmase á celebración do Entroido convocando un concurso de caretas e cabezudos. Só tes que pensar nun personaxe, procurar o material básico (un globo ou caixa de cartón, papel, cola, auga e unhas pinturas) e deixar fluír o teu espírito creativo.

BASES DO CONCURSO:

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar unha soa creación: máscara, careta, cabezudo ou complemento (sombreiro, toucado...).

Temática:
O tema é libre (os deseños poderán estar baseados en personaxes coñecidos ou inventados).

Técnica:
Os traballos deberán realizarse con papel e cola (papel maché). Valorarase a utilización doutros materiais de refugallo.

* Na aula virtual do centro, dentro do curso CONCURSOS, tedes acceso a un documento onde vén explicado o proceso de elaboración de caretas con papel maché.

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o luns 9 de febreiro de 2015. Os traballos deberán entregarse na Aula de Educación Plástica e Visual, onde quedarán gardados ata a súa exposición pública o martes 10 de febreiro.

( categories: )