Radio Illa de Ons

Enviado por olalla o Xov, 27/11/2014 - 14:41

     Xa todas e todos sabedes que a Radio Illa de Ons vai vento en popa. Tras recibir unha serie de indicacións de como realizar un proxecto radiofónico, unha parte do alumnado do centro estivo a traballar, durante as últimas semanas, na elaboración de diferentes contidos: entrevistas, noticiarios, publicidade de eventos, emisións musicais... Tamén tiveron que practicar co equipo técnico do que dispón a radio: micros, mesa de son, biblioteca de arquivos de audio, cámaras... Para ambientar o espazo radiofónico, as alumnas de Plástica de 4º ESO elaboraron un panel decorativo.

 

 

 

 Cada venres, na hora do recreo, un grupo de alumnos e alumnas emitirá un programa en directo para o resto da comunidade educativa. Ata o momento o alumnado de 2º A, 2º B e 4º xa viviron esta experiencia e entrevistaron aos profesores Toño e José Luís e ao alcalde de Bueu, Félix Juncal. No seguinte resumo fotográfico podedes ver como se levou a cabo esta última entrevista.

 

O Equipo de Dinamización Lingüística é quen promove esta actividade. Se queredes saber máis sobre outras propostas podedes acceder ao seu CADERNO DE BITÁCORA.

( categories: )