Visita á Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Enviado por olalla o Xov, 10/04/2014 - 15:42

    O pasado mércores 9 de abril, o alumnado de 3º ESO e 4º ESO visitou a Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer as súas instalacións e as diferentes actividades que alí se realizan.

    A Vicedecana de organización académica, Paloma Cabello, recibiunos na SALAX (sala de exposicións) onde nos explicou as distintas ofertas de titulacións e saídas profesionais desta carreira. Tamén comentou a existencia dunha titulación propia da Universidade de Vigo, os Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza (ESDEMGA), e regalounos varios catálagos de DEBUT 2013, a pasarela de moda na que o alumnado do último curso presenta os seus traballos de fin de carreira.

    A continuación fixemos un percorrido polas distintas instalacións da Facultade, onde os técnicos especialistas ensinaron ao noso alumnado a maquinaria específica coa que contan e os diferentes traballos que se poden realizar.

    Os laboratorios e talleres visitados foron os seguintes:

  • Laboratorio de Técnicas Gráficas
  • Laboratorio de Fotografía
  • Plató de Fotografía
  • Plató de Audiovisuais
  • Taller de Metal
  • Taller de Madeira
  • Taller de Cerámica
  • Taller de Plásticos
  • Aula de Pintura
  • Aula de Escultura
  • Aula de Audiovisuais

      

    No Laboratorio de Técnicas Gráficas tivemos a oportunidade de coñecer a técnica de estampación serigráfica e incluso de facer algunhas camisetas, utilizando como imaxe o deseño de Carmen García (3º A), gañadora do concurso convocado no noso centro en xaneiro.

    Moitas grazas a todo o persoal da facultade de Belas Artes (Paloma, Andrés, Zabala, Eduardo e Fernando) polas súas interesantes explicacións.

Ligazóns de interese:

FACULTADE DE BELAS ARTES

SALAX

GRAO EN BELAS ARTES

ESDEMGA

DEBUT 2013

 

( categories: )