CARTEL GAÑADOR DO FESTIVAL MUSICAL

Enviado por olalla o Mér, 19/02/2014 - 16:37

O alumnado de 4º ESO está a organizar un festival de música co obxectivo de recadar cartos para a súa viaxe de fin de estudos a Londres. Na materia de Informática cada alumno/a elaborou un deseño dun cartel para promocionar este concerto e, posteriormente, eles mesmos elixiron o que máis lles gustou.

A composición gañadora foi a elaborada por Lucía Martínez Reiriz, de 4º ESO A. Noraboa!

O festival terá lugar o vindeiro domingo 23 de febreiro ás 18:00 h. na Casa do Mar de Bueu e o prezo da entrada é de 3 €. Non faltedes!

( categories: )