ENTROIDO 2014 - Concurso de caretas e cabezudos

Enviado por olalla o Mér, 05/02/2014 - 18:03

Xa queda menos para o Entroido e temos que ir preparando os nosos disfraces... Se queres crear a túa propia careta, anteface ou cabezudo e participar no noso concurso só tes que pensar nun personaxe e poñerte mans á obra.

BASES DO CONCURSO:

Convoca:
Departamento de Educación Plástica e Visual do IES Illa de Ons.

Participantes:
Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Illa de Ons. Cada participante terá a posibilidade de presentar unha soa creación: máscara, careta, cabezudo ou complemento (sombreiro, toucado...).

Temática:
O tema é libre (os deseños poderán estar baseados en personaxes coñecidos ou inventados).

Técnica:
Os traballos deberán realizarse con papel e cola (papel maché). Valorarase a utilización doutros materiais de refugallo.

* Na aula virtual do centro, dentro do curso CONCURSOS, tedes acceso a un documento onde vén explicado o proceso de elaboración de caretas con papel maché.

Forma e prazo de presentación:
A data límite de presentación será o venres 21 de febreiro de 2014. Os traballos deberán entregarse na Aula de Educación Plástica e Visual, onde quedarán gardados ata a súa exposición pública o luns 24 de febreiro.

( categories: )