REVISTA UMBRELA Nº 7. ANO 2005
AS
HISTORIAS DO MEU AVÓ
Jéssica
Barreiro.
Moitas historias ten meu avó en toda a súa
vida de mariñeiro.
UN DÍA A PESCAR
ROBALIZAS
Un día de maio, tendo meu avó dez anos, saiu pescar nunha dorna cun señor chamado Miguel
Graña que era o patrón. Meu avó preguntoulle a Miguel onde ía ir pescar e el
díxolle que ían ir para a Illa de
Ons.Comezaron a ir para a Illa e botaron catro horas e media para chegar alá.
Puxéronse a pescar as robalizas e botaron todo o día para pescar trinta ou
corenta quilos; aínda que era un peixe que abondaba , eran moi malas de pescar,
porque cando as miraban todas xuntas tiñan que ir detrás delas bogando.
Levaban dez minutos con esa brisa cando o
patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo saber por que,
e o patrón entón explicoulle que ían
morrer...
Iscábanlle os anzois con bolos vivos,
enganchándoos polo lombo ou polos ollos.
Ao anoitecer recolleron todas as liñas e foron bogando
para a terra, o mar estaba calmo, pero ao ir chegando á punta de Udra, subiron
a vela ,pois parecía que se levantaba unha brisiña. Levaban dez minutos con esa
brisa cando o patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo
saber por que, e o patrón entón explicoulle
que ían morrer, meu avó non o cría, comezou a mirar cara un lado e cara
ao outro e só vía unhas nubes escuras, o patrón sospeitaba que esas nubes ían
traer un ciclón de vento, pois no mes de maio abundan as tronadas e as tronadas
de maio son moi perigosas.
...puxeron
rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire...
Así foi, en canto lle deu tempo a baixar a
vela, puxeron rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire. Meu avó nunca
mirara tanto vento e chuvia xuntas, a eles parecíalle un estilo de tornado.
Aos dez minutos, calma outra vez, e de alí , a bogar cara
Bueu de novo. E todo iso cunha botella de viño e un cacho de pan de millo. Esas
eran as tres comidas do día.
Outra historia verdadeira que lle sucedeu a meu avó.