Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:16

REVISTA UMBRELA Nº. 5  ANO 2004

Un feliz Nadal


 Os tempos de Nadal acercábanse cada
vez máis. Marta, unha rapaza de catorce anos, orfa de nai, eses días sentíase
triste pero á vez contenta porque pronto recibiría a visita de Papá Noel e dos
Reis Magos, e tería moitos agasallos.

 A súa nai morrera de cancro, xa había
seis anos. Marta estivo todo o día ao lado dela e as últimas palabras súas
foron que coidara do seu pai. Marta tomou as súas palabras ao pé da letra.
Desde ese día ela tomou as rendas da casa, facía a comida, limpaba a casa; é
decir, tódalas tareas domésticas.

Este ano as cousas ían cambiar,
porque o seu pai collera moza e pensaba casar con ela.

 Quince días antes do día de Noiteboa
o pai de Marta comunicoulle que na cea de Noiteboa habería unha invitada máis,
esa era Mónica, a súa moza. Marta marchou correndo, coas vagaos nos ollos,
dirixiuse cara a súa cabana da árbore. Cando subiu atopouse cos seus mellares
amigos, Dalh e María.

 Ambos consolárona e comentáronlle que tiña sorte porque agora tería a
quen contarlle as súas preocupacións e quizais podería ter ata irmáns. A Marta gustoulle a idea e volveu correndo cara á
casa e
pediulle disculpas aos dous.
Para Marta e os seus, eses seguintes
días foron os máis felices das súas vidas. Foron mercar unha árbore xuntos,
puxéronlle os adornos, fixeron un belén.
Chegou o gran día, os tres comezaron
a preparar a mesa antes de que chegara o resto dos familiares. Cada un dos
invitados puxo algo na mesa. Entre risos e felicidade comezaron a comer.

Os nenos máis pequenos foron para o
salón a xogar, e cando foron as doce en punto, todos correron cara á árbore de
Nadal, para coller cada un os seus agasallos. Marta abriu o último, que era de
Mónica; dentro da caixa había un gran medallón que pertencía á súa nai, e unha
nota que poñía que a
quería e que pronto ían ter un irmán ou unha irmá. Ela
emocionouse moitísimo, e deulle un tenro abrazo a Mónica. Os tres foron felices
ata a fin dos seus días.

Margarita  4ºA

 

( categories: )