Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:10

REVISTA UMBRELA Nº.2 ANO2002

 Os sentidos

 Nacera cun defecto. Nacera nun mundo no que
se despreza o que non sexa da maioría. Estaba apartado do seu entorno,
gustáballe a soidade. Estaba na peor etapa da súa vida, na etapa da indecisión.

Román está na súa habitación a pintar. Non
cesa, nunca. Se lle falta o lapis fáltalle ese sentido do que carece: a fala.
Non pode expresar o que sente con palabras, el debuxa. Non se farta. Pensa que
moita xente estaría mellor coma el, calado. Pensa que ninguén sería o mesmo se
aproveitaran a súa etapa.

Sente con moito máis fervor, ve cousas que os
demais non se pararan a mirar, saborea como se acabase de adquiri-lo gusto,
escoita. Aínda conserva ese don do que a maioría carece: saber escoitar.

Xa pasaron trinta anos dende a unidade
europea da moeda e dez dende a unidade da lingua. Xa se conseguiu a unidade das
persoas, como saídas de fábricas.

A psiquiatra da súa familia é a única que
sabe o que realmente pensa. Ela sabe interpreta-los seus debuxos da alfombra,
os graffitis das paredes, a morea de papeis e folios,os seus cadernos. É a
única que sabe apreciar esa vantaxe que ten, esa falta da fala.

Coñécense dende hai dez anos e ela lévalle a
metade.

Unha mañá de verán, desas nas que calquera
cousa semella tres veces mellor, deciden marchar. Van na procura da súa
liberdade de expresión. Foxen da xente que despreza os seus sentidos, que non
os aproveitan.

El segue pintando, vivindo diso, non para
iso. Sentindo o seu amor hacia ela como se fose a primeira vez que a mirase,
que a sentise, que a vise, da que se namorase.

Algún día atoparán a aceptación na sociedade
e serán un pouco máis felices, se é que se pode chegar a iso.

Raquel

 

( categories: )