ESPELEOLOXÍA E SENDEIRISMO NO CAUREL

Enviado por Anónimo o Dom, 30/10/2011 - 17:01
20/10/2011 00:00
21/10/2011 19:00
Etc/GMT+1

Como xa vai sendo habitual nos últimos anos, o alumnado de 4º vén de participar na actividade de espeleoloxía no Caurel. Nesta ocasión 24 dos nosos alumn@s percorreron a Cova da Ceza ata o lago final. Ademais de coñecer "in situ" as características dunha cova e as súas formacións máis habituais, non perderon a ocasión de arrastrarse, empaparse e encherse de lama ata as cellas (aí vai unha foto que o demostra). Atención ó espeleólogo catatónico do centro da foto que tivo que ser sostido polos seus compañeiros  mentras, en completo estado de shock, repetía unha e outra vez: "pedazo cova, tío"



No exterior, despois de falar un anaco coa señora Herminia, acompañámola xunto coas súas vacas ata a aldea.



Xa nos bungalows de Esperante, unha boa ducha, cea e paseo nocturno para disfrutar dun ceo espectacular sen contaminación lumínica. Pola mañá abandonamos o Acampamento O Caurel despois dun bo almorzo.




 Despois dirixímonos ó Alto do Couto onde fixemos un pequeno paseo a través da Devesa da Rogueira despois de pasar pola máxima altura da Serra do Courel: o pico Formigueiros.



Finalmente completamos a xornada cunha visita ó Cebreiro, onde aproveitamos para repoñer forzas cun bo prato quente.



E xa de volta para o reino de Bueu. Noraboa para todo o grupo polo seu bo comportamento durante toda a actividade. A seguinte actividade: Escalada en Donón.