Iniciar sesión |
UN CONCERTO DE GOLPES: ODAIKO PERCUSSION GROUPEnviado por Anónimo o Ven, 08/04/2011 - 13:30
08/04/2011 13:37
Etc/GMT+1
O 5 de novembro asistimos a unha chuva de golpes musicais no Aditorio de Galicia, en Santiago.
Integrados por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz no Real Conservatorio da Haya (Holanda) e a Universidade de Bahía(Brasil), fórmase en Holanda no ano 2003.
A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica e da súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que esta supón.
Este grupo galego estivo presente nos principias festivais de todo o mundo, como o Esteve Reich Festival (Holanda), TIP Taiwán, Nancy Zeltsman Marimba Festival (EE.UU), Facyl (Salamanca), Festival de Ortigueiera (Galicia)… A riqueza desta agrupación está na interese dos seus membros pola búsqueda de novas visións percusivas e da súa colaboración cos artistas máis significantes do panorama cultural actual.
Sabías que... • Os instrumentos de percusión pódense agrupar en idiófonos e membranófonos. Idiófonos: Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica virxe. Membranófonos: Instrumentos construídos a partir dunha materia orgánica ou inorgánica, con necesidade dunha pel, que pode ser animal ou sintética.
• Os instrumentos idiófonos e membranófonos divídense á súa vez en son determinado e indeterminado. Son determinado: Son aqueles que se poden axustar para que produzan un son concreto (timbais, instrumentos de placas...) Son indeterminado: Son aqueles que dependen da súa composición para cambiar de son (batería,tambores, madeiras…).
Historia “ A orixe” Dende o pasado, os instrumentos máis ancestrais e primarios foron os de percusión, e máis concretamente os de entrechoque ou idiófonos, que son os construídos por materiais sonoros e que non necesitan tensións adicionais para producir sons. Estes instrumentos, se ben na súa orixe foron de materiais primitivos como o óso, pedra ou madeira, este foron evolucionando na súa construción. Aparecen troncos rebaixados para lograr unha caixa de resonancia e son percutidos con ósos a modo de baquetas. Finalmente incorpórase ao tronco unha pel de animal a modo de membrana, e desa maneira aparece o primeiro vestixio da familia dos membranófonos (instrumentos que precisan da pel para soar). Coa aparición e o uso do ferro seguen aparecendo instrumentos idiófonos pero xa máis traballados, co fin de obter deles un son máis concreto (cencerros e esquilos). O mesmo sucede co barro e as cuncas do mesmo, que pasan de ser un instrumento cotiá a ser un instrumento percusivo ( ex. Udu) ou engadindo unha membrana “os ketledrams”.
Djembe Crése que a súa orixe foi no 900 a.C. na tribu dos maninca, que significa persoas de mando, aínda que hai quen data esa orixe no 1300 a.C.. Dende aquí o djembé emigrou a outras zonas como Senegal, Nixeria, Guinea, Costa de marfil e Burquina Faso. Pénsase que foi creado polos numu, artesáns talladores de madeira, que eran considerados como os gardiáns de certos poderes. Eles encargábanse de esculpir o corpo dos djembés e tocalos. O djembé coñécese neses lugares por ser un tambor con dotes curativos, de ahí que se usaran en ritos sagrados, nacementos, bodas e funerais, acompañado doutros instrumentos coma o dundun, o balafón e o shekere. O djembé ten diferente rítmica, moi rica e variada. Podemos nomear algúns ritmos coma o Mandiany, empregado nos traballos agrícolas, o Doundumba, empregado nas bodas, ou o Wolosodon, para os bautizos e a cerimonia da circuncisión. Os ritmos irixinais do djembé foron mudando ao longo do tempo adaptándose ós tempos modernos e integrándose con outros tipos de música. A forma en que ritmos coma o Sunu ou o Doundumba se foron transmitindo de xeración en xeración durante séculos, foi mediante un complexo sistema silábico e vogal das linguas africanas. Os mestres cantaban os ritmos ós seus alumnos e estes practicábanos. A primeira expansión prodúxose no s.XVIII pola tribu Diola que eran comerciantes pero foi no 1950 cando o djembé se deu a coñecer por todo o mundo gracias á xira que levaron a cabo a formación “Les Ballets Africains” do guineano Fodeba Feita. Este grupo tivo un impacto considerable e fixo que o djembé se coñecera máis alá das súas fronteiras tradicionais. Outro factor que axudou na divulgación foron as continuas emigracións a Europa e a EE.UU.
( categories: )
|
Eventos
|