Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Novembro 27, 2014
Start: 27/11/2014 09:40

TALLERES CIBERACOSO

O xoves 27 de Novembro levaranse a cabo no noso centro uns talleres sobre Ciberacoso para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Serán impartidos polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

Mércores Decembro 17, 2014
Start: 17/12/2014 11:55

Como parte do plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e como   reamate de tódalas actividades realizadas sobre este tema, esta semana teremos no IES dúas charlas sobre a Violencia de Xénero impartidas por membros da Garda Civil de Cangas. Unha delas terá lugar o mércores 17 para o alumnado de 1º e 2º de ESO e a outra será o xoves 18 para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Venres Decembro 19, 2014
Start: 19/12/2014 10:00

O vindeiro venres 19, derradeiro día lectivo do primeiro trimestre deste curso 2014-2015, terá lugar, nas inmediacións do noso instituto, a xa tradicional CARREIRA SOLIDARIA. Neste evento, o alumnado do ILLA DE ONS  e do JOHÁN CARBALLEIRA, correrán en favor dos nenos e nenas de MALI. Nos días previos os participantes buscarán patrocinadores entre os seus familiares e amigos solicitándolles unha pequena colaboración económica comprometéndose a cambio a participar na carreira. Os cartos recadados entre todos serán donados á organización SAVE THE CHILDREN que loita pola infancia de países desfavorecidos. A carreira non é competitiva, senón festiva, na que todos somos gañadores. VEN CORRER CON NÓS!!

Distribuir contido