Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Abril 23, 2013
Start: 23/04/2013 00:00
End: 23/04/2013 18:30

Un ano máis saímos a Donón a escalar. Despois de mes e medio de duro traballo de escalada no ximnasio do centro, o alumnado de 4º disfrutou dunha xornada completa en contacto coa natureza escalando en rocha. Alí puxeron en práctica todo o traballo de interior no rocódromo do noso ximnasio: poñerse correctamente o arnés, encordarse co nó de oito, asegurar ó compañeiro, rapelar, manexar correctamente os elementos de retención (oito e gri-gri), así como todo o aprendido sobre a técnica eficaz de desprazamento na vertical ó escalar. A xornada foi dura pero mereceu a pena. Esperemos que todo isto sirva non só para crear afición por este fermoso deporte  senón tamén para que todos valoremos máis o importante entorno natural que nos rodea.

Para ver  todas as fotos preme na ligazón seguinte:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesillaons/galeria/thumbnails.php?album=32

Martes Maio 14, 2013
Start: 14/05/2013 11:30
End: 14/05/2013 17:15

O martes 14 de maio estreamos nova actividade. Trátase dunha xornada variada na que participaron os departamentos de Ciencias, Ed. Física e Proxecto Interdisciplinar. A actividade comenzou en Punta Udra onde  Miguel, o monitor da aula da natureza, nos explicou diferentes aspectos das peculiaridades botánicas e faunísticas desta zona tan importante e tan próxima ó noso centro. Despois de xantar camiñamos ata Bueu ó longo da rota que percorre a costa pasando polas praias de Mourisca, Tulla e Sartaxéns. Xa en Bueu achegámonos ó Museo Massó onde as monitoras nos falaron sobre o importante papel que esta industria conserveira tivo na historia da Galiza en xeral e en concreto no Morrazo e en Bueu. Vimos máquinas, artes de pesca, embarcacións, fotos e vídeos procedentes da historia recente da nosa vila. Durante unha hora retrocedemos á historia dos nosos pais e avós pois só coñecendo de onde vimos poderemos comprender quen somos.

Martes Maio 21, 2013
Start: 21/05/2013 11:30
End: 21/05/2013 11:35

O pasado día 21 de maio tivo lugar a entrega de premios do torneo de bádminton. Este ano houbo moita participación e o torneo alongouse durante todo o mes de abril. Ademais disfrutamos dun gran nivel técnico sobre todo nas fases finais do mesmo. Algúns xogadores xa participaran no torneo do curso pasado e isto notouse moito. Finalmente a clasificación quedou así:

1º CICLO:   1º/ David Riobó.  2º/ Damián Barreiro.   3º/ Rubén Portela   4º/ Juan Santos.

2º CICLO:   1º/ Yoel Loira.     2º/ Agustín Piñeiro.     3º/ José López.      4º/ Álvaro Omil.

Aquí tendes as fotos cos gañadores do torneo:

Distribuir contido