Novas de Secretaría

OFERTA CICLOS FORMATIVOS CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Xov, 23/06/2016 - 05:41

Publicada no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos:

ORDE do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160623/AnuncioG0164-150616-0001_gl.pdf

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 13 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160623/AnuncioG0164-150616-0002_gl.pdf

 

OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS NO IES FERNANDO WIRTZ

ADMISIÓN CICLOS 16-17. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE

Enviado por prof_mvr o Lun, 20/06/2016 - 07:08

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 16-17

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 27 de xuño ao 5 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Artigo 16. Presentación de solicitudes para o segundo curso do réxime ordinario. 1. O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso, de acordo co modelo ANEXO I, no centro ao que vaia dirixido. Está solicitude non será cuberta a través da aplicación informática; xa que logo, non se trata dun proceso centralizado. Cubrirase e entregarase no centro no que obteña a promoción de 1º a 2º curso.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/ciclosadmision

A solicitude, conforme o modelo que figura como anexo I, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación que se indique na propia solicitude. 

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO E IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Lun, 20/06/2016 - 06:43

Período de matrícula: do 27 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado sen materias suspensas.

O pasado venren 17 foi entregado nas aulas unha circular informativa para se entregada nas casas. Figura na mesma datas especifícas para á matrícula en cada un dos cursos.

O impreso pódese recoller na secretaría ou nos seguintes enlaces. . Imprimiráse polas dúas caras,

IMPRESO para matrícula na ESO

IMPRESO para matrícula no 1º de Bacharelato

IMPRESO para matrícula no 2º de Bacharelato

 

Nestes impresos pódese consultar ademáis a documentación que adxuntar para a matricula.

XORNADA ACOLLEMENTO. Probas LIBRES ciclos Formativos Xuño 2016 e Calendario de realización das mesmas (CORRECIÓN ERROS)

Enviado por prof_mvr o Ven, 27/05/2016 - 08:02

O vindeiro dia  MÉRCORES 1 DE XUÑO DE 2016 ás 19:30 horas terá lugar a XORNADA DE ACOLLEMENTO dos alumnos matriculados nas probas libres de Ciclos Formativos na sala de usos múltiples do instituto (B02).

Recórdase que a non asistencia implicaría a baixa de oficio e impediría a realización das probas. (Disposición adicional segunda da ORDE do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.)

As programacións dos módulos de cada ciclo pódese consultar no seguiente endero http://servizos.fernandowirtz.com/programacions 

Nos adxuntos figuras as datas e horas de cada un dos exames.

( categories: )

ADMISIÓN CURSO 2016-17 ESO e Bacharelato. Listaxes definitivos

Enviado por prof_mvr o Xov, 12/05/2016 - 05:31

En cumprimento do Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos publica a seguinte información:

No arquivo adxunto pódense consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación( 12 de xuño de 2016)

 

LISTAXES ADMISIÓN CURSO 2016-17 ESO e Bacharelato

Enviado por prof_mvr o Ven, 22/04/2016 - 06:05

En cumprimento do Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos publica a seguinte información:

ADMISIÓN 1º de ESO: No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe provisional de admitidos e non admitidos.

O prazo de presentación de reclamacións finaliza o 29 de abril ás 14:00.

NO RESTO DE CURSOS FORON ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADOS DENTRO DO PRAZO

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016

Enviado por prof_mvr o Ven, 15/04/2016 - 04:01

Convocadas Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016

Información dispoñible na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

No adxunto figura o calendario

Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior 2014-2015

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/03/2016 - 07:42

Consultar convocatoria en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160226/AnuncioG0164-190216-0002_gl.html

Primeiro: Aos premios poderá concorrer o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014-2015 e que os rematou no ano 2015, e que obtivo unha cualificación final igual ou superior a 8,50.

Segundo: O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 21 de marzo.

Terceiro: O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentará a solicitude de participación xunto cos méritos que alegue en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, tal como se establece nos artigos 4 e 5 da orde de convocatoria. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria

ADMISIÓN CURSO 2016-17 ESO e Bacharelato

Enviado por prof_mvr o Ven, 12/02/2016 - 05:45

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

En cumprimento do Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos publica a seguinte información:

Normativa Reguladora: Consultar en http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

Postos Escolares ofertados no IES Fernando Wirtz:

·        

1º ESO 6 vacantes

·        

2º ESO 0 vacantes

·        

3º ESO 13 vacantes

·        

4º ESO 7 vacantes

·        

1º Bacharelato Científico-Tecnolóxico  5 vacantes

·        

1º Bacharelato Humanicades e CC.SS 13 vacantes

·        

2º Bacharelato Científico-Tecnolóxico  4 vacantes

·        

2º Bacharelato Humanicades e CC.SS 6 vacantes

 

 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de Marzo de 2016

NOTA INFORMATIVA:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‑ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 Formulario de admisión e matrícula

Distribuir contido