ADMISIÓN CURSO 2016-17 ESO e Bacharelato

Enviado por prof_mvr o Ven, 12/02/2016 - 05:45

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

En cumprimento do Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, facemos publica a seguinte información:

Normativa Reguladora: Consultar en http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

Postos Escolares ofertados no IES Fernando Wirtz:

·        

1º ESO 6 vacantes

·        

2º ESO 0 vacantes

·        

3º ESO 13 vacantes

·        

4º ESO 7 vacantes

·        

1º Bacharelato Científico-Tecnolóxico  5 vacantes

·        

1º Bacharelato Humanicades e CC.SS 13 vacantes

·        

2º Bacharelato Científico-Tecnolóxico  4 vacantes

·        

2º Bacharelato Humanicades e CC.SS 6 vacantes

 

 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de Marzo de 2016

NOTA INFORMATIVA:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‑ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 Formulario de admisión e matrícula