Anuncios

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO DEFINITIVO

Enviado por prof_mvr o Ven, 18/05/2018 - 07:51

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 18-19. Pulse  AQUÍ para a súa consulta.

Pódese reclamar perante Xefatura Territorial.

CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ABAU 2018

Enviado por prof_mvr o Ven, 04/05/2018 - 05:01

Neste ENLACE pode consultarse a información relativa á matrícula nas ABAU na convocatoria 2018

LISTAXES ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/05/2018 - 06:46

Consulte a publicación en https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

30 de abril - DIA NON LECTIVO

Enviado por prof_mvr o Xov, 26/04/2018 - 08:20

 Recordamos que o vindeiro luns 30 de abril é DIA NON LECTIVO. Segundo foi elixido polo Consello Escolar do centro.

GUÍAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA ESO

Enviado por prof_mvr o Mér, 25/04/2018 - 07:09

Consulta nos enlaces as guías de información académica para o alumnado da ESO.

Guía 1 e 2º de ESO

Guía 3º de ESO

Guía 4º de ESO

 

LISTAXES DE BOLSEIROS (BECAS) 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 20/04/2018 - 07:09

Con data do día 18 de abril publicáronse na páxina web do Ministerio as listaxes definitivas de bolseiros da convocatoria xeral do actual curso 2017/18. Pódese acceder desde a seguinte ligazón:

http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/estudios-no-universitarios.html

Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 19 de abril e finaliza o 18 de maio de 2018. 

PROBAS LIBRES 2018. ADMISIÓN E MATRÍCULA

Enviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 07:25

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

CALENDARIO

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO PROVISIONAL

Enviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 06:56

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 18-19. Pulse AQUÍ para a súa consulta.

Pódese reclamar perante o Consello Escolar do centro do 20 ao 26 de abril.

 

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI E VII

Enviado por prof_mvr o Ven, 06/04/2018 - 06:09

O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS

Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal.

O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano.

A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas.

 O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes.

 CONSULTA DAS BASES NOS FICHEIROS ADXUNTOS

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: educación@coruna.es e teléfono: 981 184 200, extensión 12114

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Xov, 15/03/2018 - 05:03

No ADXUNTO, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

Distribuir contido