Anuncios

RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS NO 2º CURSO DE BACHARELATO.

Enviado por prof_mvr o Lun, 22/05/2017 - 03:38

Segundo a instrucción CUARTA da Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2016/2017,

 Esta dirección procede a publicar os plazos a cumplir no caso de presentar reclamacións contra as cualificacións otorgadas no 2º curso de bacharelato na convocatoria ordinaria no curso 2016-17.

DATA

HORA

 

23 e 24 de maio

Ata as 14:00

Reclamacións por escrito ante o centro.

Presentar na secretaría.

25 maio

11:00

Notificación por parte da dirección da resolución á reclamación presentada. No despacho de dirección.

26 de maio

Ata as 12:00

Reclamacións por escrito ante a Comisión de supervisión.

Presentar na secretaría.

( categories: )

EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES

Enviado por prof_mvr o Lun, 15/05/2017 - 05:45

En el siguiente enlace puedes consultar la edición elaborada por los alumnos de Lengua Castellana  dentro del programa "El País de los Estudiantes". 

http://estudiantes.elpais.com/periodico-digital/ver/equipo/1263

MEDIACIÓN ESCOLAR

Enviado por prof_mvr o Mar, 09/05/2017 - 08:31

Consulta neste DOCUMENTO todo o relativo ao equpo de mediación escolar do centro.

 

ADMISIÓN ALUMNADOESO E BACHARELATO. LISTAXES DEFINITIVOS 17-18

Enviado por prof_mvr o Mar, 25/04/2017 - 13:17

Segundo o indica o artigo 31 da ORDE do 12 de marzo de 2013 procédese á publicación das listaxes definitivas.

De conformidade co anterior artigo 30.3, as persoas interesadas poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación( 13 de maio de 2017).

 

ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica  e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria

DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:37

No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:21

No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

FIN PRAZO SOLICITUDE PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 22/03/2017 - 04:57

O próximo  día 27 de marzo remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de febreiro de 2017, DOG do 27 de febreiro), prégase que no seu Centro se dea a máxima difusión posible desta convocatoria entre o alumnado e as familias que poidan atoparse no ámbito da mesma.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Distribuir contido