ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica  e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria

AdxuntoTamaño
Acore VI Nota prensa convoc.pdf322.42 KB
bases definitivas acore VI.pdf296.47 KB