Novas Xerais

Eiquí se incluirán novas non tematizadas para profesores.

RESULTADOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Enviado por prof_mvr o Mar, 29/11/2016 - 07:43

Hoxe 29 de novembro de 2016, a Xunta Electoral reunida ás 11:00 no IES Fernando Wirtz proclamou os seguintes candidatos electos:

REPRESENTANTES DOS PROFESORES

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Adela Otero Abrodos

Cincuenta e seis

SI

Ceferino López Cabarcos

Cuarenta e seis

SI

Jose Luis Vilariño Brea

Cuarenta e cinco

SI

Eloy Alonso Lera

Trinta e catro

SI

REPRESENTANTES DE ALUMNOS e ALUMNAS

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Dna. Daniela Lozano Serna

Cuarenta e cinco

SI

D. Jacobo Vázquez Encina

Trinta e un

SI

Representantes dos Pais e Nais do alumnado

Nome e Apelidos

Nº de votos

Electo

D. Carlos A. Gómez Babío

oito

SI

Representante do Persoal de Administración e Servizos.

Nome e APELIDOS

Nº de Votos

Electo

Dna. Maria del Carmen Lozano Mouzo

oito

SI

Contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. 

 

GRADUACIÓN BACHARELATO 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 12/05/2016 - 05:50

AVISO ALUMNOS 2º BACHARELATO

FESTA GRADUACIÓN XOVES 19/05/16

CENTRO CÍVICO DOS MAIOS.

ALUMNOS/AS: ÁS 18:00 HORAS 

FAMILIAS + INVITADOS ÁS 18:30

ELECCIÓNS para a "RENOVACIÓN PARCIAL" do CONSELLO ESCOLAR DESTE INSTITUTO

Enviado por prof_mvr o Ven, 07/11/2014 - 08:26

De conformidade co establecido na: RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a

celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos

públicos. (DOG do 01/10/2014)

Nos seguintes adxuntos inclúese a seguinte documentación:

  1. Calendario Eleccións
  2. Carta informativa aos pais/nais. Xa enviada  o día 24 de Outubro de 2014
  3. Convocatoria Pais/Nais. Enviada a través dos alumnos a partires do 7 de Novembro de 2014.
  4. Modelo presentación candidatos pais/nais. Deberán cubrirse e presentarse persoalmente na secretaría con fotocopia do DNI.
  5. Modelo presentación candidatos alumnos. Deberán cubrirse e presentarse persoalmente na secretaría con fotocopia do DNI.

GUÍAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA ESO

Enviado por prof_mvr o Mér, 25/04/2018 - 07:09

Consulta nos enlaces as guías de información académica para o alumnado da ESO.

Guía 1 e 2º de ESO

Guía 3º de ESO

Guía 4º de ESO

 

PROBAS LIBRES 2018. ADMISIÓN E MATRÍCULA

Enviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 07:25

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

CALENDARIO

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2018-19. LISTADO PROVISIONAL

Enviado por prof_mvr o Xov, 19/04/2018 - 06:56

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o curso 18-19. Pulse AQUÍ para a súa consulta.

Pódese reclamar perante o Consello Escolar do centro do 20 ao 26 de abril.

 

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI E VII

Enviado por prof_mvr o Ven, 06/04/2018 - 06:09

O CONCELLO DA CORUÑA OFERTA EN ABRIL 28 PRAZAS PARA TITULADOS EN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP PARA DESENVOLVER PRÁCTICAS EN EMPRESAS EUROPEAS

Do 2 ao 29 de abril estará aberto o prazo de inscrición para participar nos programas educativos Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI e VII, a través dos cales persoas tituladas en ciclos medios e ciclos superiores de FP poderán realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de Austria, Italia, Irlanda, Francia e Portugal.

O programa Acoreuropa VI, na súa terceira convocatoria, oferta 18 bolsas para persoas tituladas en ciclos medios de FP en decembro de 2017 ou que vaian a titular en xuño de 2018, mentras que o Acoreuropa VII oferta 10 bolsas para persoas tituladas en ciclos superiores en decembro de 2017 ou xuño de 2018. As mobilidades desenvolveranse de mediados de setembro a mediados de decembro deste ano.

A inscrición podese facer a través das correspondentes fichas habilitadas na web educativa municipal (www.edu.coruna.es), se ben posteriormente deberán presentar nalgún rexistro municipal ou doutras administraciones a documentación requerida e que ven indicada nas bases dos programas.

 O proxecto Acoreuropa é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados, contando coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

As bolsas cubren os gastos de desprazamento e aloxamento, ademáis da búsqueda de empresa e un contrato non laboral de tres meses de duración en empresas de Italia, Irlanda, Austria, Francia e Portugal. Tamén inclúen un seguro de responsabilidade e unha cantidade variable en función do país para colaborar na manutención e estadía das persoas participantes.

 CONSULTA DAS BASES NOS FICHEIROS ADXUNTOS

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:

Nos propios centros ou no Servizo Municipal de Educación, en Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. Correo-e: educación@coruna.es e teléfono: 981 184 200, extensión 12114

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 17-18

Enviado por prof_mvr o Xov, 15/03/2018 - 05:03

No ADXUNTO, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

Enviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:57

A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2018/2019.

Lugar e datas de celebración das probas: nas instalacións da Facultade de CC. do Deporte e Educación Física da UDC.

Cando:

· 1ª convocatoria: 21 de abril de 2018

· 2ª convocatoria: 20 de xuño de 2018

 

Consitirán na realización de 3 probas de aptitude:

 

· Bloque I: proba de adaptación ao medio acuático.

· Bloque II: (elexir unha entre as tres seguintes) - Proba de axilidade no chan - Proba de carreira deobstáculos - Proba de axilidade co balón.

· Bloque III: proba de resistencia cíclica.

* ver baremo das probas no Anexo I das bases da convocatoria e a descripción das probas en

https://probasinefgalicia.udc.es

 

Resultado: o “APTO” nas probas será válido para os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21.

 

Prazo e lugar de inscrición:

 

· convocatoria do 21 de abril: do 2 ao 28 de marzo ata ás 14.00 h.

· convocatoria do 20 de xuño: do 8 de maio ao 2 de xuño ás 14.00 h.

A inscrición realizarase online en https://probasinefgalicia.udc.es/inscricion/paxina-inicio.htm

 

Prezo: 63,67€ (dereitos de exame) + 6€ (seguro de accidentes). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño).

 

Información: Facultade de CC. do Deporte e a Educación Física   http://inefg.udc.es

XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da Coruña

Enviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:55

Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP, ensinanzas artísticas que se imparten na cidade da Coruña, e os estudos superiores artísticos de Galicia.

 

Cando:

 

- do 9 ao 13 de abril de 2018: ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: unha semana de mesas informativas sobre os graos universitarios do SUG. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para as/os estudantes, de cara á toma de decisións académicas.

Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR).

 

- do 16 ao 19 de abril de 2018: ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS SUPERIORES:

· unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos medios e

superiores, para coñecer máis de cerca estes estudos,

· e unha mesa informativa dedicada aos estudos superiores artísticos de Galicia (Deseños,

Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática), na EASD Pablo Picasso o

martes 17 de abril.

 

Requisitos:

· Alumnado de ESO, FP e Bacharelato (o alumnado ten que presentar a  credencial correspondente ao inicio das visitas.Esta credencial solicitarase no centro antes do día 13 de marzo.

 

Máis información:  www.edu.coruna ou no Departamento de Orientación do centro.

Distribuir contido