Novas de Secretaría

ACLARACIÓNS PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 05:41

Debido ás múltiples consultas feitas por correo electrónico e telefónicamente con respecto á admisión en ciclos publicamos as seguintes aclaracións:

  1. As persoas que solicitaron praza nalgún ciclo e saíron nas listaxes provisionais publicadas o pasado 7 de xullo NON TEÑEN A PRAZA ASEGURADA. O figurar nesas listaxes quere dicir que a súa solicitude é correcta.
  2. Ante ditas listaxes os que non estiveran dacordo puxeron reclamación ata as 13:00 do día 11 de xullo.
  3. O próximo 18 de xullo publícanse as listaxes definitivas de solicitudes e a 1ª ADXUDICACIÓN.
  4. Nesa adxudicación SI QUE SE REFLEXA se o solicitante ten praza nos centros elixidos.
  5. A matrícula ten que realizarse entón, e finaliza o día 24 as 13:00. Esta ten que ser feita ven polo interesado ou persoa debidamente autorizada.
  6. O día 27 publícase a 2ª adxudicación.
  7. A matrícula ten que realizarse para esta 2ª adxudicación entre o 27 e o 31 de xullo as 13:00.
  8. O alumnado ADXUDICADO e que non efectúa a matrícula nin renuncie á praza adxudicada quedará excluido do proceso. 
  9. O alumnado que renuncie a unha praza quedará na listaxe de espera para as súas petición que estiveran por encima desta. 

Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).

MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 05:28

CICLOS: Consultar la normativa do proceso de admisión nesta WEB

 ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS DE CICLOS FORMATIVOS DE ORDINARIO QUE PASA A 2º CURSO  OU REPITE 2º OU DO CENTRO QUE SE MATRICULA NOUTRO CICLO

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00

 

ALUMNADO DOUTROS CENTROS CON SÓ FCT E/OU PROXECTO (Incluidos os alumnos de adultos)

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00

 

ALUMNADO DE 1º ORDINARIO, DE ADULTOS PRESENCIAL, DE ADULTOS DISTANCIA QUE RESULTOU ADMITIDO NA 1ª OU 2ª ADXUDICACIÓN.

O impreso de matrícula será facilitado polo centro na secretaría no momento de vir a matricularse.

En ordinario o alumno firmará o impreso.

En adultos  o alumno firmará o impreso despois de elixir os módulos nos que quere matricularse.

Aportará a seguinte documentación:

    • Resgardo da solicitude de admisión.
    • Copia do DNI para aqueles que entregaron a súa solicitude noutro centro.
    • Carnet escolar cumplimentado e con unha fotografía no mesmo. (A recoller previamente na conserxería)
    • 2 fotografía tamaño carnet co nome polo reverso. (Só se admite papel fotográfico)
    • Os menores de 28 anos resgardo do ingreso na conta  de ABANCA nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 € no que figure no Concepto o nome e apelidos do alumno/a.
    • Os maiores de 27 fotocopia da tarxeta sanitaria.

PLAZAS LIBERADAS:

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS

INSTRUCCIÓNS PARA A PETICIÓN DE DOCUMENTOS OU SOLICITUD DE PROCEDEMENTOS CANDO NON SE PODE ACUDIR PERSOALMENTE Á SECRETARÍA DO CENTRO .

Enviado por prof_mvr o Mér, 15/03/2017 - 08:00

Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:

  1. Autorización a terceiras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.

  2. Solicitude por medio dun correo electrónico corporativo da Consellería de Educación do interesado, e dicir co formato xxxx@edu.xunta.es

  3. Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore unha firma dixital (Certificado FNMT ou  certificado do DNI electrónico)

v

RECOLLIDA DE TÍTULOS

Enviado por prof_mvr o Mar, 21/11/2017 - 07:27

Todas aquelas persoas que solicitaron títulos de FP-I ou  FP-II antes do ano 2016 incluído poden pasar a recollelos por Secretaría do centro.

Do mesmo xeito todas aquelas persoas que solicitaron títulos de Ciclos Formativos antes do ano 2015 incluído poden pasar a recollelos por Secretaría do centro.

( categories: )

LISTAXE DE ADMITIDOS, NON ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO CICLO DE FP BÁSICA DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

Enviado por prof_mvr o Mér, 13/09/2017 - 07:43

No seguinte ENLACE pode consultarse a listaxe de admitidos e excluidos na FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA no noso centro.

Figuran no mesmo instruccións para as posibles reclamacións e para os prazos de matrícula.

ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO EXTRAORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/08/2017 - 06:39

Consulta do calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS FORMATIVOS 17-18 Período ordinario

Enviado por prof_mvr o Mér, 19/07/2017 - 05:03

Pendente a publicación dunha nova listaxe de prazas liberadas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Para consultar as prazas liberadas: http://www.edu.xunta.es/fp/

 

RESERVA DE MATRÍCULA PARA O RÉXIME DE ADULTOS PRESENCIAL E DISTANCIA 17-18

Enviado por prof_mvr o Mar, 18/07/2017 - 05:43

No réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia, poderase efectuar reserva de matrícula vía web, coa finalidade de ter que acudir unha soa vez ao centro para efectuar a matrícula dos módulos reservados. Xúntanse instrucións sobre o procedemento de reserva.

Instrucións reserva de matrícula_modular_2017

SOLICITANTES DE 2º CURSO DE ORDINARIO DE CICLOS FORMATIVOS QUE OBTEÑEN PRAZA. (Proceso non centralizado) 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 07/07/2017 - 06:28

Publicación das listaxes de alumnado que obteñen praza nos 2º cursos de ordinario de Ciclos Formativos. Procedemento non centralizado.

ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA TODOS OS CICLOS EXCEPTO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS.

Prazo de matrícula: 18-24 de xullo as 13:00

Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resultou admitido. 

Transcurrido dito prazo e, se quedaran vacantes, cubriránse a partires da listaxe de espera.

LISTAXE ADMITIDOS 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Apelidos e nome

Estudos aportados para baremar

Nota

Lima Bentz, Charles Bruno de

Homologación Bach.

6,58

Lamas Vigo, Oscar

Bacharelato LOE

5,68

Mourín fontevedra, Iván

Bacharelato LOE

5,00

Vázquez Suárez, Cristina

Bacharelato LOE

5,00

Fariña Corral, Sergio

Bacharelato LOE

5,00

González Chans, Iria María

Técnico XEAD

7,64

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LISTAXE DE ESPERA NO 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Boutureira López, Sara

Título de T. Superior

7,50

Parga González, Aurora

Técnico XEAD

7,09

Mercedes, Ángel Antonio

Técnico XEAD

6,18

Vila Vázquez, Cristina

Técnico XEAD

5,73

Bermúdez Romero, Diego

Homologación Técnico

5,00

Heredia Seijas, Lorena

Probas acceso CF GS

5,64

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (Presencial e Distancia)

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/06/2017 - 03:14

Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática  e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS.

Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.

 

Tamén poden consultarse as recomendacións feitas pola Consellería no seguinte enlace Itinerarios formativos para cursar os ciclos formativos polo réxime de persoas adultas

 

Distribuir contido