Novas de Xefatura de Estudos

Taboleiro de Xefatura de Estudios

Enviado por lcc o Mér, 20/05/2009 - 15:41

Este e o taboleiro web no que Xefatura de Estudios (de Ordinario e de Adultos) publicarán os avisos e as novas de interese xeral.

En caso de dúbida contacte persoalmente con Xefatura de Estudios.

30 de abril - DIA NON LECTIVO

Enviado por prof_mvr o Xov, 26/04/2018 - 08:20

 Recordamos que o vindeiro luns 30 de abril é DIA NON LECTIVO. Segundo foi elixido polo Consello Escolar do centro.

XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da Coruña

Enviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 04:55

Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP, ensinanzas artísticas que se imparten na cidade da Coruña, e os estudos superiores artísticos de Galicia.

 

Cando:

 

- do 9 ao 13 de abril de 2018: ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: unha semana de mesas informativas sobre os graos universitarios do SUG. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para as/os estudantes, de cara á toma de decisións académicas.

Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR).

 

- do 16 ao 19 de abril de 2018: ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS SUPERIORES:

· unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos medios e

superiores, para coñecer máis de cerca estes estudos,

· e unha mesa informativa dedicada aos estudos superiores artísticos de Galicia (Deseños,

Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática), na EASD Pablo Picasso o

martes 17 de abril.

 

Requisitos:

· Alumnado de ESO, FP e Bacharelato (o alumnado ten que presentar a  credencial correspondente ao inicio das visitas.Esta credencial solicitarase no centro antes do día 13 de marzo.

 

Máis información:  www.edu.coruna ou no Departamento de Orientación do centro.

FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOR

Enviado por prof_mvr o Lun, 05/03/2018 - 05:19

No presente curso continuamos co proxecto de Mediación entre iguais coa finalidade de mellorar a convivencia no centro e favorecer a resolución de conflitos mediante o diálogo.

Para lograr este obxectivo é moi importante a colaboración do alumnado mediador que recibiu unha formación específica para poder axudar aos seus compañeiros/as nos problemas que poidan xurdir.

Moitas grazas á asociación ADAFAD e en especial a Cristina, encargada de impartir estes talleres de formación.

XORNADA RECEPCIÓN PAIS/NAIS FUTURO ALUMNADO

Enviado por prof_mvr o Xov, 15/02/2018 - 05:32

O vindeiro 6 de marzo as 19:30 na Sala de Usos Múltiples terá lugar unha reunión informativa e presentación das instalacións aos interesados en matricularse en ESO e Bacharelato para o curso 18-19

 

COMEZO CLASES ENSINANZA SECUNDARIA ADULTOS

Enviado por prof_mvr o Xov, 08/02/2018 - 10:24

Hoxe as 18:00 darán comezo as clases correspondentes ao NIVEL III - Módulos IV - Segundo cuatrimestre da ensinanza secundaria para persoas adultas.

Proba de idioma alumnos Erasmus+

Enviado por lcc o Ven, 01/12/2017 - 06:16

A proba de idiomas para os alumnos que presentaron a solicitude de inscripción para as mobilidades Erasmus+ marzo/xuño 2018 realizaranse o día 20/12/2017 as 12:30h.

Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week. Alumnado de 4º de ESO

Enviado por prof_mvr o Xov, 23/11/2017 - 07:27

Chegada dos alumnos de 4º da ESO para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week.

CALENDARIO CURSO 17-18 e PREVISIÓN AVALIACIÓNS

Enviado por prof_mvr o Mér, 25/10/2017 - 03:41

Pulse no ENLACE para consultar o calendario para o presente curso 17-18 e as datas previstas para as avaliacións.

LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO DE LIBROS Curso 17-18

Enviado por prof_mvr o Ven, 15/09/2017 - 15:14

Publicación das listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUIDOS

Distribuir contido