XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da Coruña

Enviado por prof_mvr o Lun, 12/03/2018 - 03:55

Estas xornadas ofrecen a oportunidade de coñecer os estudos universitarios do SUG (Sistema universitario de Galicia), os ciclos formativos medios e superiores de FP, ensinanzas artísticas que se imparten na cidade da Coruña, e os estudos superiores artísticos de Galicia.

 

Cando:

 

- do 9 ao 13 de abril de 2018: ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: unha semana de mesas informativas sobre os graos universitarios do SUG. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para as/os estudantes, de cara á toma de decisións académicas.

Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR).

 

- do 16 ao 19 de abril de 2018: ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS SUPERIORES:

· unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos medios e

superiores, para coñecer máis de cerca estes estudos,

· e unha mesa informativa dedicada aos estudos superiores artísticos de Galicia (Deseños,

Conservación e Restauración de Bens Culturais, Arte Dramática), na EASD Pablo Picasso o

martes 17 de abril.

 

Requisitos:

· Alumnado de ESO, FP e Bacharelato (o alumnado ten que presentar a  credencial correspondente ao inicio das visitas.Esta credencial solicitarase no centro antes do día 13 de marzo.

 

Máis información:  www.edu.coruna ou no Departamento de Orientación do centro.