ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXE PROVISIONAL

Enviado por prof_mvr o Mar, 25/04/2017 - 13:17

Segundo o indica o artigo 30 da ORDE do 12 de marzo de 2013 procédese á publicación da listaxe provisional.

Se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA

Enviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica  e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria

DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:37

No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

CALENDARIO EXAMES 3ª AVALIACIÓN e FINAL DOS CICLOS FORMATIVOS A DISTANCIA CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:21

No ficheiro adxunto, pódense consultar as datas e horas dos exames da 3ª avaliación e avaliación Final dos Ciclos Formativos a Distancia de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas

FIN PRAZO SOLICITUDE PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2017

Enviado por prof_mvr o Mér, 22/03/2017 - 04:57

O próximo  día 27 de marzo remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de febreiro de 2017, DOG do 27 de febreiro), prégase que no seu Centro se dea a máxima difusión posible desta convocatoria entre o alumnado e as familias que poidan atoparse no ámbito da mesma.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

INSTRUCCIÓNS PARA A PETICIÓN DE DOCUMENTOS OU SOLICITUD DE PROCEDEMENTOS CANDO NON SE PODE ACUDIR PERSOALMENTE Á SECRETARÍA DO CENTRO .

Enviado por prof_mvr o Mér, 15/03/2017 - 09:00

Co fin de asegurar a identidade das persoas que non pudindo acudir ao centro para a realización de trámites diversos establécense TRES canles para a resolución dos mesmos:

  1. Autorización a terceras persoas: Presentaráse un escrito onde se reflexe o trámite a realizar e nome, apelidos e DNI das persoas que autorizan e autorizadas. Aportaráse copia do DNI do solicitante.

  2. Solicitude por medio dun correo electrónico corporativo da Consellería de Educación, e dicir co formato xxxx@edu.xunta.es

  3. Escrito enviado nun arquivo en formato PDF e que incorpore una firma dixital (Certificado FNMT ou  certificado do DNI electrónico)

v

RECOLLIDA DE TÍTULOS

Enviado por prof_mvr o Ven, 10/03/2017 - 08:53

Todos os alumnos que solicitaron calquer TITULO académico antes do 31  de decembro de 2014, poden pasar a recollelo por esta secretaría en horario de 9:00 a 14:00.

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V

Enviado por prof_mvr o Mar, 14/02/2017 - 13:00

Dez titulados e tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional que terminaron os seus estudos durante o último curso poderán facer as súas prácticas formativas a partir de abril en diversos países europeos grazas ao programa educativo municipal Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V.

As dez persoas foron seleccionadas entre as cerca de 40 candidatas presentadas, nun proceso no que participaron ademais do Servizo Municipal de Educación e a Deputación Provincial a Coruña os centros que son socios do proxecto: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Eusebio da Guarda e IES Imaxe e Son.

Na selección das persoas participantes tiveronse en conta aspectos como a nota medio do ciclo, os coñecementos de idiomas extranxeiros e a valoración dos propios centros, como elementos fundamentais.

As prácticas desenvolveranse desde o 21 de abril ata o 19 de xuño en Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Belfast (Reino Unido) e Cork (Irlanda). O Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), xunto co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, asumen o financiamento do programa, de tal xeito que os bolseiros teñen cubertos os gastos da viaxe, o aloxamento nos países de destino, un seguro de responsabilidade e sanitario, e reciben ademáis unha axuda económica para a manutención e estadía.

O Concello encargase tamén da búsqueda das empresas donde farán as prácticas, onde terán un titor para o seguemento da súa formación.

As persoas seleccionadas finalmente están tituladas en Guía, Información e Asistencia Turística, Agencia de Viaxes e Xestión de Eventos (2), Audioloxía Protésica, Producción de Audiovisuales e Espectáculos, Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Comercio Internacional (2) e Dirección en Servicios de Restauración (2). Os centros de procedencia son Eusebio da Guarda, Anxel Casal, Ramón Menéndez Pidal, Imaxe e Son e Paseo das Pontes.

O programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V ten un coste aproximado de 51.000 euros, dos que 10.500 son aportados polo SEPIE, mentras que a Deputación da Coruña aportará outros 15.000, asumindo o Concello da Coruña a aportación dos 25.000 euros restantes. O proxecto conta tamén coa colaboración das asociacións de xoves empresarios Ascega e AJE Marineda. 

Por outra parte, nas próximas semanas comezará tamén o proceso para a selección dos 50 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional que poderán participar no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa VI. Este programa estará dividido en dúas convocatorias de 25 prazas cada unha. A primeira poderán optar os/as titulados/as en ciclos medios en decembro de 2016 e os/as titulados/as en ciclos medios en xuño de 2017, con prácticas que se desenvolverán durante tres meses, de setembro a decembro de 2017. Os países de destino serán Irlanda, Austria, Francia, Portugal e Italia.

As bolsas inclúen os gastos da viaxe, o aloxamento, un seguro de responsabilidade e sanitario, a búsqueda da empresa e unha axuda económica para a manutención e estadía.

A este programa poderán optar as persoas que terminen os seus estudos nos seguintes centros: CIFP Anxel Casal, CIPF Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Fernando Wirtz, IES A Sardiñeira, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, Liceo la Paz, Centro de Formación da Cruz Vermella e Grande Obra de Atocha.

 

Os e as interesadas poderán obter máis información nos respectivos centros educativos ou no Servizo Municipal de Educación, nos teléfonos 981 184200, extensións 12114 e 12038, ademais da web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

Distribuir contido