Anuncios

RESOLUCIÓN PROBLEMAS NO ACCESO Á PLATAFORMA DA FP A DISTANCIA

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/09/2016 - 08:49

A través da Unidade de Atención a Centros (UAC) estanse a recibir moitas incidencias do alumnado derivadas de que afirman non ter recibido correo electrónico para a activación dunha conta de usuario para acceder á Plataforma de Teleformación. Para aclarar esta situación:

  • Este ano a maior parte do alumnado xa ten creada unha conta de usuario do dominio @edu.xunta.es derivada do uso da aplicación informática que debían empregar no proceso de admisión, polo que non recibirán novos correos electrónicos coas claves para a creación dunha nova conta de usuario.
  • Soamente o alumnado que non teña creada a conta de usuario durante o proceso de admisión ou ben que non dipuxese dunha por outros motivos, será o que reciba un correo electrónico coa indicación de crear unha conta de usuario.
    • Se o/a alumno/a non recibiu o correo, debe comprobar o cartafol SPAM, xa que en ocasións certos xestores de correo o moven a esa localización.
    • No caso de non recibir este correo electrónico, o/a alumno/a debe poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) a través do teléfono 881 99 77 01, ou ben do correo electrónico uac@edu.xunta.es, para que verifique o seu caso particular.

 

Lémbrase tamén o enderezo da Plataforma de Teleformación, Nova Plataforma de Teleformación: FPaDistancia



REUNIÓNS INFORMATIVAS PAIS/NAIS ALUMNADO. CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 27/09/2016 - 08:08

Información xeral

Presentación titores de grupo

ALUMNADO ESO:

Mércores 28 de setembro as 19:30 na sala de usos múltiples

ALUMNADO BACHARELATO:

Xoves 29 de setembro as 19:30 na sala de usos múltiples

DATAS HORAS E AULAS PRESENTACIÓNS CURSO 16-17

Enviado por prof_mvr o Mér, 14/09/2016 - 12:06

No ENLACE, consulta das datas, horas e aulas para as presentacións de comezo do Curso 16-17

RELACIÓN PROVISIONAL ADMISION FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/09/2016 - 09:30

No taboleiro do centro en no seguinte ENLACE figura a relación provisional de admisión no ciclo de Formación profesional básica de informática e comunicacións.

 

Instrucións e calendario de admisión a FP básica. Curso 2016-2017

Enviado por prof_mvr o Lun, 05/09/2016 - 03:26

PROCEDEMENTO: 

Para 1º curso: O centro actual onde o alumno cursa os estudios elabora informe, solicita o consentimento dos pais/nais e facilita aos mesmos o ANEXO IV. Este anexo xunto co IMPRESO de matricula debe ser entregado no centro elixido como primeira opción antes do día 12 de setembro ás 13:00.

O día 13 publícanse as listaxes de admitidos e non admitidos.

A matrícula dos admitidos é do 13 ao 20 de setembro ás 13:00. Este prazo tamén se aplica aos alumnos que promocionan a 2º curso.

PLAZOS DO PROCESO

INSTRUCCIÓNS

IMPRESO DE MATRICULA (Debe vir acompañado do Anexo IV firmado pola dirección do centro de procedencia)

CALENDARIO SETEMBRO 2016. ENTREGA NOTAS E MATRÍCULA

Enviado por prof_mvr o Dom, 04/09/2016 - 23:49

ENTREGA BOLETINS SETEMBRO 2016

CURSO

DIA

HORA

AULA

2ºBAC ORDINARIO  

5

20:00

22, 23

2º BAC ADULTOS

5

20:00

10,11

1ºBACH+3ºESO+4º ESO

6

12:00

Nas súas aulas

1º ESO + 2º ESO

6

13:00

Nas súas aulas

ESA + 1º BAC ADULTOS+ FPB

6

17:00

Nas súas aulas

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS ALUMNOS DA ESO

 DIA 6 A PARTIRES DAS 10:00 DA MAÑAN NA AULA B05 (AO LADO DA CONSERXERÍA)

MATRICULA:

O ALUMNADO DA ESO TEN ASIGNADO O DÍA 7 DE SETEMBRO PARA FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA PREFERENTEMENTE.

O ALUMNADO DE BACHARELATO ORDINARIO TEN ASIGNADO O DÍA 8 DE SETEMBRO PARA FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA PREFERENTEMENTE.

MATRÍCULA BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS PRESENCIAL 16-17

Enviado por prof_mvr o Xov, 01/09/2016 - 09:08

Matrícula

a) O  prazo extraordinario de matrícula é do 5 ao 14 de setembro de 2016.

b) Os alumnos que accedan ao bacharelato de adultos presencial poderán matricularse:

- Dun curso completo.

- De materias illadas correspondentes a primeiro e/ou segundo curso, sempre que exista

compatibilidade horaria e non se superen os 32 períodos lectivos semanais máximos

establecidos para esta modalidade de bacharelato.

ACCESO AO IMPRESO DE MATRÍCULA 

PERÍODO EXTRAORDINARIO ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 16-17

Enviado por prof_mvr o Xov, 01/09/2016 - 01:15

Os prazos figuran no seguinte  ENLACE

O  alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/ciclosadmision

A solicitude, conforme o modelo que figura como anexo I, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación que se indique na propia solicitude. 

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ PUBLICADA Á LISTAXE DE ADXUDICACIÓN  E IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS

MATRÍCULA NOS MÓDULOS RESERVADOS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 30/08/2016 - 03:20

Segundo o punto 4 do artigo 20 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas

As persoas que reserven módulos e non se matriculen deles no período ordinario deberán formalizar estas matrículas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes do período extraordinario. En caso contrario perderán o seu dereito sobre os módulos reservados.

Polo tanto a data e hora de remate é o 9 de setembro as 13:00

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Impreso de matrícula 
  • Certificado académico se non presentaron a solicitude neste centro
  • 3  fotografías tamaño carnet co nome pola parte traseira)
  • Os menores de 28 anos resgardo do ingreso na conta de ABANCA nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 € en concepto de pago do seguro escolar.
  • Carnet escolar (recóllese en conserxería)
Distribuir contido