RESOLUCIÓN PROBLEMAS NO ACCESO Á PLATAFORMA DA FP A DISTANCIA

Enviado por prof_mvr o Mér, 28/09/2016 - 08:49

A través da Unidade de Atención a Centros (UAC) estanse a recibir moitas incidencias do alumnado derivadas de que afirman non ter recibido correo electrónico para a activación dunha conta de usuario para acceder á Plataforma de Teleformación. Para aclarar esta situación:

  • Este ano a maior parte do alumnado xa ten creada unha conta de usuario do dominio @edu.xunta.es derivada do uso da aplicación informática que debían empregar no proceso de admisión, polo que non recibirán novos correos electrónicos coas claves para a creación dunha nova conta de usuario.
  • Soamente o alumnado que non teña creada a conta de usuario durante o proceso de admisión ou ben que non dipuxese dunha por outros motivos, será o que reciba un correo electrónico coa indicación de crear unha conta de usuario.
    • Se o/a alumno/a non recibiu o correo, debe comprobar o cartafol SPAM, xa que en ocasións certos xestores de correo o moven a esa localización.
    • No caso de non recibir este correo electrónico, o/a alumno/a debe poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) a través do teléfono 881 99 77 01, ou ben do correo electrónico uac@edu.xunta.es, para que verifique o seu caso particular.

 

Lémbrase tamén o enderezo da Plataforma de Teleformación, Nova Plataforma de Teleformación: FPaDistancia