Novas de Secretaría

Admisión a ciclos formativos. Listaxe provisional de solicitantes. Convocatoria 2015

Enviado por prof_mvr o Mér, 08/07/2015 - 07:19

Publicadas as listaxes provisionais de solicitantes a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o mércores 8 de xullo ata ás 13:00 horas do venres 10 de xullo de 2015.

A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a instancia.

Poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13009

 

( categories: )

OFERTA EDUCATIVA FP CURSO 2015-16

Enviado por prof_mvr o Mér, 17/06/2015 - 03:24

Pode consultarse a Oferta Educativa de FP da Consellería para o curso 2015-16 no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

 E no ficheiro adxunto, pódese consultar a oferta do noso centro

ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2015-2016

Enviado por prof_mvr o Mar, 16/06/2015 - 04:48

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2015-16

Pode verse no ficheiro adxunto e consultar máis información no seguinte enderezo

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-informacion-oferta-impresos

Prazos do proceso de admisión

 

SOLICITUDE WEB

Pódese facer a solicitude de admisión a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir e presentar, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo. CONSULTAR INSTRUCCIÓNS SOLICITUDE WEB

MATRICULAS DE HONRA 2º BACHARELATO CURSO 2014-15

Enviado por prof_mvr o Mar, 02/06/2015 - 11:31

Inés Gómez Otero, Alba Llamazares Rodríguez e Sabela Vega Eiras son as tres alumnas do centro que obtiveron Matricula de Honra neste curso.

Noraboa a todas.

MATRICULAS DE HONRA 2º BACHARELATO CURSO 2011-15

Enviado por prof_mvr o Mar, 02/06/2015 - 11:31

Inés Gómez Otero, Alba Llamazares Rodríguez e Sabela Vega Eiras son as tres alumnas do centro que obtiveron Matricula de Honra neste curso.

Noraboa a todas.

ADMISIÓN DEFINITIVA ESO E BACHARELATO CURSO 2015-16

Enviado por prof_mvr o Mér, 22/04/2015 - 08:11

No seguinte adxunto pódense consultar as listaxes de admisión na ESO e no Bacharelato para o vindeiro curso 15-16.

Pódese formular recurso de alzada diante do titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes  a partir do dia seguinte o de esta publicación.

PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS 2015

Enviado por prof_mvr o Lun, 23/02/2015 - 09:25

No seguinte enlace pódese consultar a información relativa as Probas de Acceso a Ciclos Formativos

http://www.edu.xunta.es/web/node/14453

 E no ficheiro adxunto figura o Calendario das mesmas

 SOLICITUDE WEB: No seguinte enlace pode realizarse a solicitude via WEB (OLLO: Nalgúns casos é necesario validar a solicitude nun centro de inscrición, neste caso a aplicación xera dous exemplares, un para o centro e outro para o solicitante)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 12/02/2015 - 06:35

Pódese consultar todo o relacionado con este proceso no seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

Admisión: 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2014

Enviado por prof_mvr o Mér, 30/07/2014 - 05:20

Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada, na 2ª adxudicación ordinaria, así como as listaxes de espera aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade distancia.

http://www.edu.xunta.es/fp/listaxes_2adxudica_ordinaria_admitidos_admision_2014

O prazo de matricula abrangue desde o martes 29 de xullo ata as 13:00 horas do xoves 31 de xullo de 2014

( categories: )

Publicación das listaxes definitivas de solicitantes de Ciclos Formativos. Curso 14-15

Enviado por prof_mvr o Xov, 17/07/2014 - 09:58

Publicación das listaxes definitivas de solicitantes da convocatoria ordinaria de admisión para ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e modalidade a distancia.
  
Ao longo do venres 18 de xullo de 2014 publicaranse as listaxes de persoas admitidas en cada ciclo formativo.

O feito de aparecer nas listaxes de solicitudes admitidas NON da dereito á matricula.

Para poder formalizar a matrícula é necesario aparecer nas listaxes de adxudicación en cada Ciclo/Módulo, que serán publicadas o longo do venres 18 de Xullo

( categories: )
Distribuir contido