Novas de Secretaría

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 11/02/2016 - 07:53

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 ao 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

Orde do 2 de febreiro de 2016: Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior para o ano 2016 (DOG)

Pódese consultar o calendario no adxunto

Acceso inscrición Grado Medio

Acceso inscrición Grado Superior

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:57

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016. Consultar lugares na convocatoria.

A proba terá lugar o día 22 de abril de 2016, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Acceso á convocatoria

Formulario inscrición

 

 

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 2016

Enviado por prof_mvr o Xov, 04/02/2016 - 04:49

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula

– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

Consultar lugar de presentación das solicitudes na convocatoria.

Acceso á convocatoria

Formulario

XOVES 4 de Febreiro. DOAZÓN de sangue no IES Fernando Wirtz

Enviado por prof_mvr o Mar, 26/01/2016 - 06:30

DIAS NON LECTIVOS Curso 2015-16

Enviado por prof_mvr o Ven, 27/11/2015 - 06:33

DIAS NON LECTIVOS: Os dias autorizados pola inspección como NON LECTIVOS no actual curso escolar son: 7/12/2015 e 16/05/2016

NOVA CONVOCATORIA AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 15-16

Enviado por prof_mvr o Mar, 10/11/2015 - 04:21

 

 

 Apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable. Máis información en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.pdf

O prazo remata 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e dicir o vindeiro 24 de novembro.

 

 

OFERTA PRAZAS VACANTES EN CICLOS FORMATIVOS ORDINARIO PARA PERSOAS MATRICULADAS EN RÉXIME DE ADULTOS 15-16

Enviado por prof_mvr o Lun, 05/10/2015 - 13:07

A partir de hoxe 5 de outuro ábrese o período para ofertar as prazas vacantes de módulos do réxime de ordinario. Estas vacantes ofertaránse as persoas matriculadas no réxime de persoas adultas. O prazo remata o 9 de outubro as 13:00.

No arquivo adxunto pódense consultar as vacantes dispoñibles.

LISTAXE ADMITIDOS DEFINITIVA NA FORMACIÓN PROFESIONAL BASICA Informática e Comunicacións 15-16

Enviado por prof_mvr o Ven, 11/09/2015 - 15:10

No arquivo adxunto pódese consultar á listaxe de ADMITIDOS para a FPB.

Tamén se encontran expostos no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

 

INSTRUCCIÓNS MATRÍCULA CICLOS 15-16

Enviado por prof_mvr o Lun, 20/07/2015 - 08:45

INSTRUCCIÓNS:

TODO O ALUMNADO

  1. Resgardo da solicitude de praza.
  2.  Impreso de matrícula debidamente cumprimentado a bolígrafo e con letras maiúsculas (CUBRIR E IMPRIMIR POLAS DÚAS CARAS). É moi importante non deixar sen cubrir os teléfonos (especialmente os de urxencia), así como o correo electrónico dos pais no caso dos menores de idade. Marcar claramente, cun X  os campos de elección, especialmente os dos módulos a elixir no caso dos Ciclos de ADULTOS. OS IMPRESOS DEBEN SER ASINADOS POLOS TITORES LEGAIS DOS ALUMNOS, salvo no caso dos maiores de idade.
  3.  Carné escolar cumprimentado onde se deberá pegar unha foto actualizada tamaño carné
  4. Dúas fotos tamaño carné cos apelidos, nome e curso ao reverso en letras maiúsculas.
  5. OS MENORES DE VINTEOITO anos: Aboar na conta de ABANCA nº: ES24-2080-0058-1430-4000-6317 a cantidade de 1,12 € antes de formalizar a matrícula xuntando o resgardo xustificativo do ingreso.

ADEMÁIS DO ANTERIOR O ALUMNADO QUE FIXO A SOLICITUDE NOUTRO CENTRO:

  1. Documentación acreditativa dos estudios realizados. Orixinal e copia para a súa compulsa.
  2. DNI. Orixinal e copia para a súa compulsa
( categories: )

ADMISIÓN E MATRICULA PARA OS 2º CURSOS DE ORDINARIO EN CICLOS FORMATIVOS

Enviado por prof_mvr o Lun, 13/07/2015 - 12:55

Todos os alumnos que solicitaron praza no 2º curso de Réxime Ordinario de calquer Ciclo Formativo están admitidos excepto no Ciclo de Administración e Finanzas.

Neste Ciclo (Administración e Finanzas-Réxime Ordinario), están admitidos todos os alumnos do Fernando Wirtz que promocionan de 1º a 2º, os que repiten algún módulo de 2º e os que se mencionan a continuación:

  • Bermúdez Pena, Raquel
  • Campaña Vales, Anuska
  • López Ruiz, David
  • Roca Núñez, Adrián
  • Silva Atahualpa, Esperanza
  • Varela Canosa, Manuel
  • Vilas Ferreiro, Adam

Os non admitidos deben estar pendentes do período de segunda adxudicación por se houbera algunha praza vacante.

A matrícula pódese facer dende o día 14 de Xullo e ata o día 23 de Xullo as 13:00 horas

Distribuir contido