Novas de SecretaríaLISTAXE DE ADMITIDOS, NON ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO CICLO DE FP BÁSICA DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNSEnviado por prof_mvr o Mér, 13/09/2017 - 08:43
No seguinte ENLACE pode consultarse a listaxe de admitidos e excluidos na FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA no noso centro. Figuran no mesmo instruccións para as posibles reclamacións e para os prazos de matrícula. ( categories: )
ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO EXTRAORDINARIOEnviado por prof_mvr o Mér, 02/08/2017 - 07:39
Consulta do calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión. No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión. MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS ( categories: )
PRAZAS LIBERADAS EN CICLOS FORMATIVOS 17-18 Período ordinarioEnviado por prof_mvr o Mér, 19/07/2017 - 06:03
Pendente a publicación dunha nova listaxe de prazas liberadas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria. Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada. Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Para consultar as prazas liberadas: http://www.edu.xunta.es/fp/
( categories: )
RESERVA DE MATRÍCULA PARA O RÉXIME DE ADULTOS PRESENCIAL E DISTANCIA 17-18Enviado por prof_mvr o Mar, 18/07/2017 - 06:43
No réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia, poderase efectuar reserva de matrícula vía web, coa finalidade de ter que acudir unha soa vez ao centro para efectuar a matrícula dos módulos reservados. Xúntanse instrucións sobre o procedemento de reserva. ( categories: )
ACLARACIÓNS PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOSEnviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 06:41
Debido ás múltiples consultas feitas por correo electrónico e telefónicamente con respecto á admisión en ciclos publicamos as seguintes aclaracións:
Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión). ( categories: )
MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOSEnviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 06:28
CICLOS: Consultar la normativa do proceso de admisión nesta WEB ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS DE CICLOS FORMATIVOS DE ORDINARIO QUE PASA A 2º CURSO OU REPITE 2º OU DO CENTRO QUE SE MATRICULA NOUTRO CICLO Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00
ALUMNADO DOUTROS CENTROS CON SÓ FCT E/OU PROXECTO (Incluidos os alumnos de adultos) Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resulte admitido. Prazos: 18-24 de xullo as 13:00
ALUMNADO DE 1º ORDINARIO, DE ADULTOS PRESENCIAL, DE ADULTOS DISTANCIA QUE RESULTOU ADMITIDO NA 1ª OU 2ª ADXUDICACIÓN. O impreso de matrícula será facilitado polo centro na secretaría no momento de vir a matricularse. En ordinario o alumno firmará o impreso. En adultos o alumno firmará o impreso despois de elixir os módulos nos que quere matricularse. Aportará a seguinte documentación:
PLAZAS LIBERADAS: Impreso MATRÍCULA para o alumnado que opta a PLAZAS LIBERADAS ( categories: )
SOLICITANTES DE 2º CURSO DE ORDINARIO DE CICLOS FORMATIVOS QUE OBTEÑEN PRAZA. (Proceso non centralizado) 17-18Enviado por prof_mvr o Ven, 07/07/2017 - 07:28
Publicación das listaxes de alumnado que obteñen praza nos 2º cursos de ordinario de Ciclos Formativos. Procedemento non centralizado. ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA TODOS OS CICLOS EXCEPTO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS. Prazo de matrícula: 18-24 de xullo as 13:00 Impreso MATRÍCULA para o alumnado que resultou admitido. Transcurrido dito prazo e, se quedaran vacantes, cubriránse a partires da listaxe de espera. LISTAXE ADMITIDOS 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
LISTAXE DE ESPERA NO 2º CURSO ORDINARIO ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
( categories: )
RECOMENDACIÓNS MATRÍCULA MODULAR CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (Presencial e Distancia)Enviado por prof_mvr o Mér, 28/06/2017 - 04:14
Nos seguintes ficheiros adxuntos, pódense consultar as recomendacións feitas polos Departamentos didácticos de Informática e Administración para matricularse nos Ciclos Formativos de ADULTOS. Ditas recomendacións fanse para que o alumno teña en conta que determinados módulos requiren ter coñecementos previos suficientes do contidos doutros módulos para acadar os resultados de aprendizaxe programados para o módulo no que se pretende matricular.
Tamén poden consultarse as recomendacións feitas pola Consellería no seguinte enlace Itinerarios formativos para cursar os ciclos formativos polo réxime de persoas adultas
( categories: )
OFERTA FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 17-18Enviado por prof_mvr o Lun, 26/06/2017 - 03:22
No seguinte ENLACE poden cosultarse a OFERTA de CICLOS para o curso 17-18 no noso centro. ( categories: )
CORUÑA LINGUAS 17-18. PROGRAMA DO CONCELLO. PRAZO ABERTOEnviado por prof_mvr o Mér, 21/06/2017 - 04:51
Aberto o prazo para solicitar a participación no programa CORUÑA LINGUAS para o curso 17-18. As solicitudes fanse a través da web educativa do Concello da Coruña www.edu.coruna.es O prazo vais do 19 de xuño ao 30 de setembro
( categories: )
![]() |
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |