ADMISIÓN CICLOS 17-18. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE. PERIODO ORDINARIO

Enviado por prof_mvr o Mar, 13/06/2017 - 06:03

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 17-18

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 26 de xuño ao 4 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Cubrir os impresos que se relacionan nesta web no apartado "IMPRESOS DE MATRÍCULA"

O alumnado do centro fai simultaneamente a solicitude de admisión e a matrícula.

O alumando procedente doutros centros ten que facer a solicitude de admisión e logo a matrícula se resulta admitido.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos (dispoñible a partires da apertura do plazo), agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

MANUAL DO ASISTENTE INFORMÁTICO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO NA 1ª ADXUDICACIÓN É IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS