ADMISIÓN CICLOS 16-17. CALENDARIO-PRAZOS MOI IMPORTANTE

Enviado por prof_mvr o Lun, 20/06/2016 - 07:08

Publicada Orde de admisión a ciclos formativos para o curso 16-17

 O prazo de admisión de solicitudes vai do 27 de xuño ao 5 de xullo as 13:00

Alumnado de ORDINARIO que promocione para segundo

Artigo 16. Presentación de solicitudes para o segundo curso do réxime ordinario. 1. O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso, de acordo co modelo ANEXO I, no centro ao que vaia dirixido. Está solicitude non será cuberta a través da aplicación informática; xa que logo, non se trata dun proceso centralizado. Cubrirase e entregarase no centro no que obteña a promoción de 1º a 2º curso.

 

O resto de alumnado fará a solicitude seguindo estas instruccións:

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/ciclosadmision

A solicitude, conforme o modelo que figura como anexo I, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, xunto coa documentación que se indique na propia solicitude. 

Xa se pode consultar o calendario do proceso de admisión no seguinte ENLACE

RECORDASE A TODO O ALUMNADO QUE O PROCESO IMPLICA 1º A SOLICITUDE DE ADMISIÓN, E 2º QUE UNHA VEZ ADMITIDO E IMPRESCINDIBLE REALIZAR Á MATRÍCULA NOS PRAZOS ESTABLECIDOS