Convocatoria dos premios extraordinarios de FP de grao superior 2014-2015

Enviado por prof_mvr o Mér, 02/03/2016 - 07:42

Consultar convocatoria en http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160226/AnuncioG0164-190216-0002_gl.html

Primeiro: Aos premios poderá concorrer o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2014-2015 e que os rematou no ano 2015, e que obtivo unha cualificación final igual ou superior a 8,50.

Segundo: O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 21 de marzo.

Terceiro: O alumnado interesado (ou os seus representantes legais) presentará a solicitude de participación xunto cos méritos que alegue en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, tal como se establece nos artigos 4 e 5 da orde de convocatoria. No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria